Pola Resolución do 21 de maio de 2025 (DOG núm. 28, do 23 de maio) publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 28 de abril de 2025.
Na tramitación do procedemento obsérvase que non se recibiron solicitudes de participación no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia nas escalas de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira.
Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais e dado que non se recibiu ningunha reclamación, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),
RESOLVE:
Primeiro. Elevar a definitiva a relación de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia na epígrafe de concurso de traslados:
https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta
Todas as persoas participantes están admitidas.
Segundo. Declarar deserto o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para as escalas de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 xuño de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
0irectora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
