Na sesión que tivo lugar o día 16 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de maio de 2025 (DOG núm. 102, do 30 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 28 de xuño, no pavillón nº 1 da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de cor azul ou negro non borrable.
Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que poida valerse a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2025
José Luis Soto Campos
Presidente do tribunal
