DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 24 de xuño de 2025 Páx. 35165

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 17 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia, se convocan para o ano 2025 e se autoriza a Fundación Pública Artesanía de Galicia para a súa concesión (código de procedemento IN200A).

BDNS (Identif.): 841573.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/841573

Primeiro. Beneficiarias/os

Artesás/áns e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Segundo. Obxecto

Aprobar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia, convocar os premios para o ano 2025 e autorizar a Fundación Pública Artesanía de Galicia para a súa concesión.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

A dotación económica global dos premios de Artesanía de Galicia é de 21.000 € e financiarase con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

Premio Artesanía de Galicia 2025

Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo.

Premio Traxectoria 2025

Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

Premio Bolsas Eloy Gesto 2025

Ata tres bolsas de formación de 4.000 € cada unha e diploma acreditativo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas inIciarase a partir das 8.00 horas do 15 de setembro de 2025 e rematará ás 14.30 horas do 26 de setembro de 2025.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2025

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración