DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 26 de xuño de 2025 Páx. 35755

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de diferentes liñas de axudas ás organizacións de produtores do sector pesqueiro e da acuicultura no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027 (códigos de procedemento PE155C e PE155D).

Advertido erro na devandita disposición, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 193, do luns 7 de outubro de 2024, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 53627 no texto da letra b) no número 2 do artigo 9, Criterios de valoración, onde di:

«b) A adecuación dos indicadores de resultado, para cubrir nas solicitudes de axudas, referidos á variación do valor en primeiras vendas das organizacións profesionais e á variación do volume da produción en primeiras vendas da OPP/AOP.

Nas solicitudes de axuda valorarase o incremento do valor da produción como alto, se se mantén, como medio, e se hai unha diminución, como baixo».

Debe dicir:

«b) Contribución aos indicadores de resultados. Este criterio valorará a achega aos indicadores de resultado, que para este tipo de actividade será o indicador de entidades que incrementan a sustentabilidade social».