No Diario Oficial de Galicia número 80, do 28 de abril de 2025, publicouse a Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A).
A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2025, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:
a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Orde do 28 de abril de 2025 e dirixiranse, xunto coa documentación necesaria, ao departamento territorial da Consellería de Política Social e Igualdade competente en función da provincia na cal a asociación teña establecida a súa sede social. Así mesmo, no artigo 8 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento do ámbito territorial correspondente, neste caso a Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos, e emitiuse o requirimento da correspondente emenda no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación, ao abeiro do disposto no artigo 12.1.
O parágrafo segundo do artigo 12.1 da Orde do 8 de abril de 2025 dispón que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda das solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI437A), emitido pola Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade o 16 de xuño de 2025, por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras e que figura no anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación - SI437A 2025).
2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes que figuran no anexo desta resolución de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece no requirimento notificado a través desta resolución, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desisten da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 9 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Na sede electrónica da Xunta de Galicia están dispoñibles os modelos normalizados dos anexos relativos ao procedemento SI437A https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI437A&ano=2025&numpub=1&lang=gl
4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación destas solicitudes, poderán dirixirse á Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade a través do teléfono indicado no artigo 25 da convocatoria (Vigo: 986 81 76 58), ou presencialmente.
Vigo, 17 de xuño de 2025
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Requirimento de emenda de documentación (SI437A 2025)
Asunto: requirimento de emenda de solicitudes relacionadas a continuación por non estar debidamente cubertas e/ou non achegar a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Data do requirimento: 16 de xuño de 2025.
Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar o erro ou achegar os documentos preceptivos que figuran na relación, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desisten da súa solicitude, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se dite a oportuna resolución ao abeiro do artigo 21 da dita lei.
Órgano instrutor: Unidade de Igualdade do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade.
Relación de solicitudes suxeitas a emenda de documentación:
|
Núm. expediente |
Entidade |
NIF |
Documentación requirida |
|
SI437A-2025-00000001-05 |
Asociación de Amas de Casa O Noso Lar |
G36015485 |
Anexo III Punto 1: deberase cubrir debidamente |
|
SI437A-2025-00000002-05 |
Asociación de Mulleres Rurais Os Borrizos de Cornazo |
G36228054 |
Anexo II debidamente cuberto e asinado Anexo III Punto 1: deberase cubrir debidamente Punto 3.2: deberase cubrir debidamente Anexo IV O total do cadro de orzamento de gastos da liña solicitada debe coincidir co custo total da actuación |
|
SI437A-2025-00000006-05 |
Asociación de Mulleres Rurais e Culturais Santa Mariña |
G36386175 |
Anexo II e anexo III: o número de mulleres asociadas non coincide |
|
SI437A-2025-00000007-05 |
Asociación Woman Defense Solidaria |
G10547644 |
Anexo I e anexo IV: o importe da contía solicitada debe coincidir |
|
SI437A-2025-00000009-05 |
Asociación de Mulleres Pedra da Vella |
G36837433 |
Anexo II debidamente cuberto e asinado |
|
SI437A-2025-00000012-05 |
Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui |
G94194701 |
Anexo V Deberase cubrir debidamente o cadro de «Relación de actuacións e actividades singularizadas que se van desenvolver dentro da tipoloxía subvencionada» |
|
SI437A-2025-00000013-05 |
Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra |
G94200326 |
Anexo II Punto 4: deberanse revisar os datos (tamén afectado anexo III punto 1) |
|
SI437A-2025-00000015-05 |
Asociación de Mulleres Rurais Santa Cruz de Piloño |
G36505451 |
Anexo I e anexo IV: o importe do custo total da actuación debe coincidir |
|
SI437A-2025-00000016-05 |
Asociación pola Igualdade e a Coeducación |
G94088549 |
Anexo II debidamente asinado Anexo V debidamente cuberto e asinado. Non se valorará ningunha memoria complementaria (artigo 8.1.d) |
|
SI437A-2025-00000018-05 |
Asociación Rural de Amas de Casa de Arnois |
G36212959 |
Anexo I O custo total da actuación debe coincidir co importe total do orzamento de gastos do anexo IV Anexo IV Deberase cubrir o «programa de financiamento» |
|
SI437A-2025-00000019-05 |
Asociación Provincial de Amas de Casa y Consumidores Rias Baixas |
G36020691 |
Anexo I A subvención solicitada para a liña 1 non pode ser superior á contía máxima de subvención (5.000,00 €, artigo 5.1) Anexo IV Deberase modificar «programa de financiamento» co novo importe |
