A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convocou para o ano 2025, a través da Orde do 21 de abril de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 85, do 6 de maio), as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.
O artigo 9 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
No artigo 10 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento e no artigo 5.4 establécese que «é requisito para ser persoa beneficiaria destas axudas non estar incurso/a en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia».
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
O artigo 13 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a entidade ou grupo solicitante para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, o artigo 12 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas, que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras ou que non son suficientes para determinar o cumprimento dos requisitos exixidos. Esta relación figura como anexo desta resolución.
Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades ou grupos solicitantes recollidos no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025
Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude
ANEXO
Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude
e as súas respectivas federacións
|
Núm. exp. |
Solicitante |
NIF |
Documentación requirida |
|
2025-035 |
ADO-Asoc. de Personas con Discapacidad de Ourense |
G3606034 |
Orzamento de gastos desagregado nos conceptos do anexo III respectando os límites estipulados na orde |
|
2025-082 |
Asoc. Estudiantes de Intercambio de Santiago de Compostela |
G70521240 |
Certificación asinada do secretario ou secretaria da entidade que inclúa a composición completa do órgano de dirección desta no momento de presentación da solicitude |
|
2025-101 |
Asociación Xuvemprende |
G32469694 |
Certificación asinada do secretario ou secretaria da entidade que inclúa a composición completa do órgano de dirección desta no momento de presentación da solicitude |
Grupos informais de mozas e mozos
|
Núm. exp. |
Solicitante |
DNI do representante |
Nome do representante |
Documentación requirida |
|
2025-037 |
A Fraga do Teatro |
***8260** |
José Ramón Vázquez López |
Anexo II. Declaración/comprobación de datos. Debe achegarse un anexo por cada persoa membro do grupo informal debidamente cuberto e asinado |
|
2025-044 |
Lonely Drivers Mob |
***2833** |
Samuel Galán Aira |
Anexo II. Declaración/comprobación de datos. Debe achegarse un anexo por cada persoa membro do grupo informal debidamente cuberto e asinado Anexo IV. Acreditación fidedigna da representación da persoa que asina a solicitude por calquera medio válido en dereito Anexo XI. Declaración responsable en que debe constar en porcentaxe a distribución do compromiso de execución do proxecto entre os membros do grupo |
|
2025-077 |
Terra e Talento: Empoderamento Feminimo no Rural Galego |
***4700** |
Andrea Castro Añón |
Anexo II. Declaración/comprobación de datos. Debe achegarse un anexo por cada persoa membro do grupo informal debidamente cuberto e asinado Anexo IV. Acreditación fidedigna da representación da persoa que asina a solicitude por calquera medio válido en dereito Anexo XI. Declaración responsable en que debe constar en porcentaxe a distribución do compromiso de execución do proxecto entre os membros do grupo |
|
2025-085 |
Sementes de Coidado |
***9962** |
Victoria Reinoso Fernández |
Anexo XI. Declaración responsable en que debe constar en porcentaxe a distribución do compromiso de execución do proxecto entre os membros do grupo |
|
2025-090 |
Xuventude do Navia |
***8734** |
Silvia Saavedra Fernández |
Anexo XI. Declaración responsable en que debe constar en porcentaxe a distribución do compromiso de execución do proxecto entre os membros do grupo |
|
2025-103 |
A Arte do Marear |
***3594** |
Aurora Vargas Vizoso |
Anexo II. Declaración/comprobación de datos. Debe achegarse un anexo por cada persoa membro do grupo informal debidamente cuberto e asinado. Anexo IV. Acreditación fidedigna da representación da persoa que asina a solicitude por calquera medio válido en dereito. Anexo XI. Declaración responsable en que debe constar en porcentaxe a distribución do compromiso de execución do proxecto entre os membros do grupo |
