DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Mércores, 2 de xullo de 2025 Páx. 36896

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de gases renovables para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento IN421Z).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa, o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, esta dirección

RESOLVE:

1. Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de gases renovables para o ano 2024.

2. As axudas para proxectos de gases renovables obxecto destas bases están suxeitas ás condicións que se establecen no capítulo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías), publicado no DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014. Esta convocatoria refírese ás axudas que aparecen definidas no capítulo III, sección 7, artigo 41, puntos 2 e 3, do Regulamento 651/2014.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO I

Subvencións concedidas procedemento IN421Z

Finalidade: subvencións para proxectos de gases renovables para o ano 2024.

Aplicacións orzamentarias: estas axudas fináncianse con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.A3.733A.745.1 e 09.A3.733A.770.3 e cun orzamento de 7.500.000 €.

Beneficiarios das axudas concedidas: as subvencións concedidas aparecen ordenadas pola data e hora de presentación da solicitude da axuda.

I.1. Proxectos de gases renovables.

Código de expediente

Persoa ou entidade solicitante

Axuda resolución concesión (€)

Data e hora de presentación

IN421Z-1

Ignis Energy Holdings, S.L.

466.228,66

21.2.2024 17.44

IN421Z-2

Nedgia Galicia

50.512,60

21.2.2024 18.18

IN421Z-5

Tasga Renovables, S.L.

1.157.233,65

21.2.2024 19.20