De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente ICA-OU-0031/2022-M.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Control da Calidade Alimentaria da Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria da Consellería do Medio Rural, situada na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra esta resolución, que pon fin aá vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, á súa elección, ben ante o xulgado do contencioso-administrativo onde a persoa interesadoa teña o seu domicilio, ben ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, por ser a sede do órgano autor do acto impugnado, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025
Juan José Cerviño Varela
Director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria
ANEXO
Expediente: ICA-OU-0031/2022-M.
Interesado: 34096640Z.
Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.
