Antecedentes.
Pola Resolución do 4 de xullo de 2024, acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Gloria Cabrera Álvarez (ABI/2018/0014).
A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. N. nº 178, do 24 de xullo de 2024), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 140, do 19 de xullo de 2024), na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de anuncios dos concellos da Coruña e de Culleredo por prazo non inferior a trinta días naturais.
Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento o 29 de xuño de 2015 en Culleredo, e que tiña outorgado testamento en que instituía herdeiros e legatarios, se ben os designados herdeiros repudiaron a herdanza e algúns dos legatarios renunciaron ao seu legado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello da Coruña, quedando xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.
Durante a tramitación do procedemento non se teñen recibido alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.
Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice Xeral Informatizado de Predios e Dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte da masa hereditaria da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.
A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.
Fundamentos xurídicos.
– Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.
– Código civil, artigos 657 e seguintes.
– Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6 e 20 bis.8.
– Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, título III, artigos 147 e seguintes.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública, artigos 14 e 16.
Segundo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Gloria Cabrera Álvarez, con DNI 32111284-H, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.
Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:
a) Bens inmobles:
– Piso quinto do Edificio nº 3 da rúa Vila de Negreira da cidade da Coruña, cunha superficie construída segundo o Catastro Inmobiliario de 90 m2.
Forma parte da referencia catastral: 7217003NJ4071N0001SM.
Valor catastral estimado: 37.768,90 €.
Inscrición rexistral do soar: Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña, tomo 428, libro 428, folla 213.
b) Contratos e outros efectos bancarios:
– Abanca, conta de aforro: 2080 0007 9430 0008 0849.
– Abanca, conta de aforro: 2080 0024 1630 0009 0131.
– Abanca, conta a prazo: 2080 0007 9638 1003 8585.
– Banco Santander, conta: 0238 8182 0700037294.
c) Contratos de seguros:
– Caja de Seguros Reunidos CASER, póliza: 23832-02074807-02104925-32111284H.
Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios
A resolución será remitida para a súa exposición pública no taboleiro de anuncios dos concellos da Coruña e de Culleredo, por prazo non inferior a trinta días naturais.
Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil por esta declaración ou pola adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia que se contén nesta resolución, poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2025
José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
