DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 3 de xullo de 2025 Páx. 37126

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 19 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155B).

BDNS (Identif:): 843318.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/843318

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas os GALP que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter sido seleccionados pola Consellería do Mar no marco do desenvolvemento local participativo e na prioridade 3 do FEMPA 2021-2027.

b) Ter asinado un convenio de colaboración coa Consellería do Mar para o desenvolvemento dunha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP).

c) Participar nun proxecto de cooperación interterritorial e/ou transnacional.

d) Dispor de capacidade administrativa, financeira e operativa para desenvolver as tarefas correspondentes ao proxecto.

2. Non poderán obter a condición de beneficiario dunha axuda, os GALP:

a) Que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 11.1 e 3 do Regulamento (UE) nº (UE) 2021/1139.

b) Nos que concorran algunha das circunstancias sinaladas no artigo 10, parágrafos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Os que incorran nas circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

d) Que non estean ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

3. Os GALP poderán concorrer de xeito individual ou conxuntamente entre eles, como unha agrupación de entidades. Aqueles que concorran conxuntamente deberán facer constar expresamente na solicitude que compromisos corresponderán a cada un deles na execución das accións, así como o importe da subvención solicitada que corresponderá a cada un deles. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, que será unha das entidades solicitantes, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que como beneficiario lle corresponden á agrupación. Os compromisos de participación conxunta, así como o nomeamento de apoderado, deberán ratificarse mediante documento outorgado ante o órgano de xestión, unha vez notificada a concesión da axuda.

4. No caso de incumprimento por parte dunha agrupación de entidades, consideraranse responsables todos os beneficiarios integrados nela, en relación coas actividades subvencionadas que se comprometesen a realizar, ou solidariamente cando non fose posible determinar o alcance das obrigas correspondentes a cada un deles.

5. A agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo establece o artigo 8 desta lei.

Segundo. Finalidade

1. O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de Acción Local do Sector pesqueiro (GALP) ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

2. Así mesmo, convócanse subvencións no exercicio orzamentario do ano 2025. O procedemento que regula a presente orde correspóndese co código PE155B.

3. Para os efectos do presente artigo, defínense:

a) Cooperación interterritorial: a realizada dentro do Estado, entre os GALP dunha mesma zona ou de diferentes zonas do territorio nacional, ou entre os GALP e as asociacións público-privadas locais dunha mesma zona ou de diferentes zonas do territorio nacional que apliquen unha EDLP.

b) Cooperación transnacional dentro da UE: a realizada entre grupos de distintos Estados membros da UE, ou con asociacións público-privadas locais doutros Estados membro que apliquen unha EDLP dentro da Unión.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 19 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2025 (código de procedemento PE155B).

Cuarto. Importe

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2025 e a plurianualidade asociada ás axudas que poidan concederse neste acada o importe de setecentos cincuenta mil euros (750.000 euros), repartidos nas seguintes anualidades e partidas orzamentarias:

Partida orzamentaria

2025

2026

Total

16.03.723C.780.0

350.000 €

400.000 €

750.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar