DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 4 de xullo de 2025 Páx. 37326

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2025, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 221, do 21 de novembro), modificada pola Resolución do 29 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 229, do 1 de decembro), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado por Resolución do 10 de decembro de 2024, modificada pola Resolución do 16 de decembro de 2024 (DOG número 244, do 19 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o segundo exercicio da fase de oposición valorarase como apto ou non apto, e para superalo será necesario obter o resultado de apto.

Segundo. Unha vez feita a corrección dos exames na sesión do 18 de xuño de 2025, todas as persoas aspirantes presentadas ao exercicio obtiveron a cualificación de apto/a.

Terceiro. Publicar as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2025

Ismael Vilacoba Vieto
Presidente do tribunal