Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: novos CT 7770 Celpi, 7776 Forxán 1 e 7789 Forxán 2 e LSAT de enlace.
Situación: concello de Foz.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz, con orixe no CT 14533 Dunas de Llas existente e final no CT 7773 Celpi proxectado, cunha lonxitude total de 1.916 metros, 387 de condutor existente e 1.529 de condutor proxectado tipo RHZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz, con orixe no CT 7770 Celpi proxectado e final no CT 7789 Forxán 2 proxectado, cunha lonxitude de 490 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz, con orixe no CT 7789 Forxán 2 proxectado e final no CT 7776 Forxán 1 proxectado, cunha lonxitude de 538 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Foz, con orixe no CT 7776 Forxán 1 proxectado e final no CT 2737 Emprosal existente, cunha lonxitude de 956 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 mm.
• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cangas, con orixe nun PAS proxectado no apoio existente A48976 e final no CT Celpi proxectado, cunha lonxitude de 150 metros de condutor proxectado tipo HEPRZ1-240 mm.
• Centro de transformación prefabricado 7770 Celpi, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 400 kVA, no cal se instalan tres celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Centro de transformación prefabricado 7776 Forxán 1, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Centro de transformación prefabricado 7776 Forxán 2, cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 630 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.
• Desmontaxe de 60 metros de condutor RHZ1-240, 62 metros de RHZ1-95, un fusible XS (S10323) e o CT 7381 Celpi.
– Finalidade da instalación: mellora da instalación.
– Orzamento: 764.972,04 €.
– Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Foz.
• Separata para o Ministerio de Transportes (ADIF e Unidade de Estradas de Lugo).
• Separata para Augas de Galicia.
• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, en particular os condicionantes específicos que o promotor debe acatar na execución das obras determinados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na resolución do expediente con referencia A/27/48196, e condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 23 de xuño de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
