BDNS: (Identif.): 844506.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/844506
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias desta axuda as organizacións de produtores pesqueiros e as súas asociacións recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2014.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta orde é convocar, para o exercicio 2025, a concesión de axudas ás organizacións de produtores do sector pesqueiro e da acuicultura no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para o período 2021-2027 (código de procedemento PE155D), destinadas á consolidación de organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e de asociación de organizacións de produtores pesqueiros (AOP), recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 26 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de diferentes liñas de axudas ás organizacións de produtores do sector pesqueiro e da acuicultura no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para o período 2021-2027 (códigos de procedemento PE155C e PE155D) (DOG núm. 193, do 7.10.2024).
As bases reguladoras foron publicadas no Diario Oficial de Galicia número 193, do 7 de outubro de 2024.
Cuarto. Importe
Para o ano 2025 o importe total máximo das subvencións que se concedan será de 400.000,00 euros, e as axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 2025.16.02.723B.780.0 e 2025.16.02.723B.770.0, que figuran dotadas no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2025.
|
Aplicación orzamentaria |
Organización |
Importe |
|
2025.16.02.723B.780.0 |
Sen ánimo de lucro |
300.000,00 € |
|
2025.16.02.723B.770.0 |
Con ánimo de lucro |
100.000,00 € |
|
Total |
400.000,00 € |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Para esta convocatoria, o prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
