DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 9 de xullo de 2025 Páx. 38408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xuño de 2025 pola que se empraza á interesada no procedemento ordinario número 218/2025 no expediente de reposición da legalidade P-UL-71.01/03.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento ordinario núm. 218/2025, interposto por Mª Isabel Cruz García, contra a Resolución da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 26.6.2006, notificada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en cumprimento do Auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18.2.2025 (expediente P-UL-71.01/03), que impuxo a Vigobarro, S.L., na súa condición de promotora, unha sanción de multa de 207.365 euros pola promoción de obras de construción de vivendas na praia de Ouriceira, no concello de Poio, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre e se ordenaba repoñer os terreos en que se executaron as obras ao seu primitivo estado, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprazase a Purificación Ferro Varela para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística