DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 10 de xullo de 2025 Páx. 38593

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xuño de 2025, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia resulta da necesidade de incardinar postos existentes conforme as escalas e especialidades dos corpos de persoal funcionario de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (disposición adicional novena da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia).

Esta incardinación xustifícase cunha dobre finalidade. Por un lado, consolidar tanto a debida especialización das funcións inherentes aos postos como a idoneidade das persoas que accedan a eles, mediante os correspondentes procedementos de selección, e/ou de mobilidade, mantendo maiormente a clasificación restante; e por outro lado, dar cumprimento ás obrigas derivadas da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

En consecuencia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 30 de xuño de 2025 adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 30 de xuño de 2025, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),

DISPOÑO:

Que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

rpt g.pdf
rpt g.pdf
rpt g.pdf
rpt g.pdf