DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 10 de xullo de 2025 Páx. 38701

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2025, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 222, do 22 de novembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 2 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de novembro de 2024 (DOG núm. 220, do 14 de novembro), modificada pola Resolución do 22 de novembro de 2024 (DOG núm. 229, do 27 de novembro), para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro),

ACORDA:

Primeiro. Que, unha vez examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre as listas de puntuacións publicadas polo Acordo do 17 de marzo de 2025 (DOG núm. 55, do 20 de marzo) e feita unha nova corrección respecto a oito aspirantes reclamantes da lista de notas do primeiro exercicio, dous deles ven incrementada a súa puntuación. Dado que estes aspirantes xa figuraban como aprobados no acordo deste tribunal do 17 de marzo de 2025, non se ve afectado o número de aspirantes que superaron o exercicio.

As ditas modificacións fóronlles notificadas por este tribunal individualmente ás persoas interesadas.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Terceiro. Publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que viron modificada a súa puntuación con relación ao primeiro exercicio deste proceso, unha vez resoltas as alegacións presentadas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2025

Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal