O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2025, que se incorpora como anexo desta resolución.
A Estrada, 4 de xullo de 2025
Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
ANEXO
Relación de convenios subscritos pola Agasp no primeiro cuadrimestre do ano 2025
|
Convenio |
Data da sinatura |
Achega total da Agasp |
|
Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliaries de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Ourense. |
14.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Addenda ao Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello de Porto do Son. |
25.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Addenda ao Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Xunta de Galicia e o Concello de Oroso. |
28.3.2025 |
Sen achega económica |
|
Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliaries de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Coristanco. |
15.4.2025 |
Sen achega económica |
