1. O 30 de outubro de 2023 publicouse a Resolución do 23 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 22 de marzo de 2022, pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (códigos de procedemento VI408F, VI408G, VI408L e VI408M), e pola que se regula o procedemento para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás citadas áreas de rehabilitación integral e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento VI408O, VI408P e VI408Q).
O ordinal primeiro da resolución I. Obxecto da resolución establece que a resolución ten por obxecto:
a) Modificar a Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (códigos de procedemento VI408F, VI408G, VI408L e VI408M).
b) Regular o procedemento para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e de renovación na área de rehabilitación integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago, na ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra, mediante a presentación de solicitudes de cualificación provisional (código de procedemento VI408O) e de cualificación definitiva (código de procedemento VI408P), e aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das subvencións (código de procedemento VI408Q) nestas ARI.
2. O ordinal segundo II. Modificación da Resolución do 22 de marzo de 2022 da dita Resolución do 23 de outubro de 2023 establece o peche do prazo de presentación de solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das ARI dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (códigos de procedemento VI408F, VI408G, VI408L e VI408M).
3. O punto primeiro, punto seis, ordinal cuarto, III. Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e de renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra da mencionada resolución, sinala que o prazo de presentación de solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva das actuacións abrirase o día hábil seguinte ao da publicación da Resolución do 23 de outubro de 2023 no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de novembro de 2025.
O seu punto segundo establece que mediante a resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS poderase pechar o prazo para a presentación das solicitudes de cualificación provisional e cualificación definitiva, en atención ao financiamento dispoñible, e que a dita resolución de peche se publicará no DOG e na páxina web do IGVS.
4. Para participar neste programa é necesario obter a cualificación provisional da actuación e, unha vez rematadas as obras, a cualificación definitiva. Posteriormente, ao abeiro da normativa pola que se realizan as convocatorias correspondentes a estas áreas de rehabilitación, poderán solicitarse as respectivas axudas.
Atendendo á dispoñibilidade orzamentaria, considérase conveniente pechar o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional (código VI408O) ao abeiro do establecido no punto segundo, punto seis, ordinal cuarto da Resolución do 23 de outubro de 2023.
Por outra banda, as solicitudes de cualificación provisional que estean pendentes de resolver, así como aqueles expedientes que conten coa cualificación provisional e estean pendentes de finalización das obras, tramitaranse de conformidade co establecido na Resolución do 23 de outubro de 2023. O prazo para presentar as solicitudes de cualificación definitiva das actuacións manterase ata o 28 de novembro de 2025.
En vista do anterior e de acordo co disposto no punto segundo, punto seis, ordinal cuarto da Resolución do 23 de outubro de 2023,
RESOLVO:
Pechar o prazo, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar as solicitudes de cualificación provisional (código de procedemento VI408O) para actuacións de rehabilitación e renovación en vivendas unifamiliares, en edificios de tipoloxía residencial colectiva, así como nas vivendas situadas nestes edificios no marco do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e de renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS no prazo dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co disposto nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren conveniente.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2025
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
