DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 11 de xullo de 2025 Páx. 38824

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais (código de procedemento SA500A).

O Servizo Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo, foi creado pola Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, e está adscrito á Consellería de Sanidade, e os seus fins e funcións regúlanse no capítulo I do título VI da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Así mesmo, segundo o Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, a través da Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental e do seu Servizo de Atención á Saúde Mental e Integración Psicosocial e Trastorno Mental Grave, é a responsable da coordinación da rede de servizos e recursos sociosanitarios vencellados ao coidado e á rehabilitación no trastorno mental grave

O Goberno galego aprobou no ano 2020 o Plan de saúde mental posCOVID-19 período 2020-2024, que foi prorrogado no ano 2025 e que ten como obxectivo principal realizar accións que melloren a asistencia aos trastornos mentais e diminúan o impacto que producen tanto nas persoas afectadas por algún destes trastornos coma no seu contorno familiar e social, especialmente tras a incidencia da epidemia na poboación galega.

O plan estrutúrase en 5 eixes estratéxicos, nos cales cómpre seguir a desenvolver accións en prol deste obxectivo:

1. Participación, autonomía e sensibilización, que incide na importancia de lograr a participación efectiva da persoa doente nos seus coidados e de prestar apoio ás persoas coidadoras.

2. A Recuperación como meta, que ten como obxectivo a atención ao trastorno mental grave, mediante a detección en primeiros episodios, e o favorecemento da empregabilidade das persoas con trastorno mental severo.

3. Gobernanza, coordinación e transversalidade, que ten entre os seus obxectivos integrar as unidades de saúde mental en contornas sociosanitarias comunitarias normalizadas.

4. Saúde mental na infancia e na adolescencia, no cal se recollen proxectos para a prevención e identificación dos trastornos mentais na infancia e na adolescencia e a implantación de programas de atención ao trastorno mental severo infanto-xuvenil.

5. Xestión do coñecemento, investigación e avaliación, que ten como obxectivo mellorar os programas asistenciais a partir da experiencia investigadora.

En consonancia cos obxectivos establecidos neste plan, nesta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de subvencións ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e das adiccións.

Por todo o exposto, conforme o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, así como na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e dos trastornos adictivos (código de procedemento SA500A).

O contido dos programas que se desenvolverán durante o ano 2025 deberá axustarse, de conformidade coa tipoloxía de cada programa recollido no anexo I, ás seguintes liñas de actuación:

Liña I. Proxectos de investimento en melloras en centros sanitarios e sociosanitarios cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais en materia de trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).

Liña II. Programas de intervención comunitaria en persoas con trastorno mental (incluídos os trastornos adictivos).

Liña III. Programas de promoción do desenvolvemento de contornas protectoras no ámbito dixital e prevención terciaria en adiccións comportamentais e outras adiccións.

Liña IV. Programas de incorporación social e fomento do emprego en persoas con trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).

Liña V. Programas de prevención do suicidio e posvención.

2. Os programas de investimento da liña I deberán esta vencellados univocamente a un programa asistencial no eido do trastorno mental e/ou adictivo, que deberá ser achegado nunha memoria resumida xunto coa solicitude.

3. No caso dos programas das liñas II,III, IV e V, estes deberán:

3.1º) Basearse nunha metodoloxía de intervención avalada pola evidencia científica.

3.2º) Contar con persoal cualificado e axeitado ás características do programa, sendo un deles persoa coordinadora, responsable da execución do proxecto.

3.3º) Ter un mínimo de horas de intervención directa presencial semanal non inferior a 10 horas.

3.4º) Contar cun plan de comunicación do programa para dar a coñecer a actividade que está a desenvolver á cidadanía xeral e ao colectivo de potenciais persoas beneficiarias, que deberá achegarse xunto coa solicitude.

3.5º) Contar cun plan de formación continuada de profesionais, que deberá achegarse xunto coa solicitude

Habilítase na sede electrónica da Xunta de Galicia o código SA500A para este procedemento administrativo.

Artigo 2. Normativa aplicable

As solicitudes, a súa tramitación e a súa resolución axustaranse ao previsto nesta orde.

En todo o non recollido nela serán de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento, así como a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de aplicación.

Artigo 3. Financiamento e programas subvencionables

1. Para o financiamento destas axudas prevese un crédito dun millón trescentos cincuenta mil euros (1.350.000, 00 €), que se financiarán con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025. Do dito importe, catrocentos mil euros (400.000,00 €) corresponden á asignación do Plan de acción de saúde mental para o ano 2025, trescentos mil euros (300.000, 00 €) corresponden á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF destinado á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario, e o resto a fondos propios libres.

As aplicacións orzamentarias, códigos de proxecto e créditos de cada liña desagréganse de acordo co indicado na seguinte táboa:

Liñas de actuación

Aplicación

Código

Importe

Liña I

5001.413A.781.30

201800005

300.000,00 €

Liña II

5001.413A.481.32

2021 00001

544.000,00 €

Liña III

5001.413A.481.32

2021 00001

53.000,00 €

Liña IV

5001.413A.481.32

2021 00001

53.000,00 €

Liña V

5001.413A.481.34

2022 00004

400.000,00 €

2. De acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. A ampliación do crédito publicarase nos mesmos medios que a convocatoria sen que implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

No caso de que se producise este incremento de crédito, repartiríase do seguinte xeito:

a) Faríase unha reparticiónn entre as entidades que, superando o limiar mínimo de puntuación, non recibiron subvención ou non acadaron o 100 % do solicitado na asignación ordinaria.

b) Esta nova repartición faríase seguindo o mecanismo de asignación establecido no artigo 13.2.

c) A xustificación deste novo crédito dispoñible faríase do mesmo xeito que o crédito inicialmente outorgado a cada entidade.

3. Cada entidade soamente poderá presentar dúas solicitudes de axuda a esta convocatoria ou tres no caso de que unha delas se presente ao abeiro da liña I. Nas liñas I, II e V o crédito máximo que se pode solicitar será de 50.000 euros. No caso das liñas III e IV, o crédito máximo que se pode solicitar será de 10.000 euros.

4. Todos os programas e actividades que se planifiquen deberán prever necesariamente a perspectiva de xénero.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e outras organizacións, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar legalmente constituídas, polo menos, con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración. Este requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes que establece o artigo 8.3. En todo caso, a entidade deberá estar debidamente inscrita no momento de pagamento da subvención.

b) Carecer de ánimo de lucro.

c) Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.

e) Ter entre os seus fins estatutarios a atención ás necesidades ou o desenvolvemento de actividades dirixidas a persoas con trastorno mental grave e/ou adiccións.

f) Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materiais necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Segundo indica o artigo 82 da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva de persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, non se outorgarán subvencións a ningunha entidade que cometa, incite ou promocione LGTBIfobia, incluíndo a promoción ou realización de terapias de conversión.

Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.

2. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica, nos seguintes termos:

a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número 1 deste artigo.

b) Deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención que se aplicará a cada un deles.

c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.

d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. As entidades que formen parte dunha federación ou persoa xurídica similar de ámbito autonómico poderán solicitar as axudas a través destas.

4. No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.

5. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Consideraranse gastos subvencionables os que conten coas seguintes características:

a) Que de maneira indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada ao abeiro do correspondente programa e resulten estritamente necesarios. O programa e actuacións que abrangue deberá coincidir co contido da resolución de concesión da subvención e, se é o caso, coas modificacións autorizadas e deberase acreditar o cumprimento das obrigas establecidas na normativa aplicable.

b) Os realizados desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de decembro de 2025 e efectivamente pagados ata o 31 de decembro de 2025. Exceptuaranse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior, por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. O importe destes ingresos ou cotas considerarase xustificado coa presentación do documento de gasto (factura ou documento equivalente), no cal se reflicta o importe de retención ou cotizacións devindicadas na data de xustificación. Exceptúase tamén o aboamento dos gastos dos honorarios derivados da xustificación baixo a modalidade de conta xustificativa con informe de auditoría.

c) Que teñan a seguinte natureza:

1º. Gastos do persoal laboral da entidade: custo total, que abranguerá as retribucións e os custos de Seguridade Social correspondentes á empresa. Soamente serán subvencionables os gastos do persoal que figuren relacionados na memoria da solicitude do programa, e soamente serán subvencionables na porcentaxe imputada que se corresponda co número de horas dedicadas ao programa indicados na dita memoria, excepto que por necesidades debidamente xustificadas sexa necesario modificala. Calquera modificación deberá ser comunicada nun prazo máximo de 30 días desde o momento en que se produza. No caso contrario non se aceptará o gasto

Polo que respecta tanto ao persoal laboral da entidade como ao que estea en réxime de arrendamento de servizos, incluídos os complementos de contía fixa e carácter habitual, será subvencionable o custo total, que abranguerá as retribucións e os custos de Seguridade Social correspondentes á entidade.

O importe das subvencións destinadas a financiar as retribucións imputables á execución dos programas estará limitado polas contías determinadas para os diferentes grupos de cotización á Seguridade Social que se detallan nos convenios colectivos de aplicación en cada caso.

Para xornadas inferiores á xornada completa, realizarase o cálculo proporcional.

2º. Gastos de persoal en réxime de arrendamento de servizos.

Este tipo de contrato soamente se admitirá no caso de que non resulte axeitado o desenvolvemento das actividades concretas de que se trate por persoal suxeito á normativa laboral vixente. Non poderá recorrerse a persoas traballadoras autónomas dependentes.

En consecuencia, procederá en supostos de contratación de persoas que exerzan profesións liberais para as que se exixa colexiación e outras persoas expertas pertencentes ao terceiro sector social, cando concorran as seguintes circunstancias:

– Que estean dadas de alta segundo o modelo 036 de declaración censual.

– Que non estean dentro do ámbito da organización da entidade subvencionada ou reciba instrucións concretas desta no referente ao modo de execución do traballo encomendado.

– Que non estean suxeitas a un horario fixo.

– Que asuman os riscos derivados da prestación do servizo.

3º. Axudas de custo e gastos de viaxe, en función das contías fixadas para o grupo 2 no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns do servizo ao persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, modificada pola Resolución do 24 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de novembro de 2023, polo que se actualizan os importes das axudas de custo por razón do servizo en territorio nacional para gastos por aloxamento e manutención e da indemnización por uso de vehículo particular para o persoal empregado público da Xunta de Galicia, sempre que non superen no seu conxunto o 3 % do importe total subvencionable do programa excepto que, en atención á súa natureza, sexa autorizada outra porcentaxe. O importe subvencionable de cada axuda de custo ou gasto de viaxe será, como máximo:

Aloxamento

77,78 €

Manutención

44,09 €

No caso da quilometraxe, atenderase ao disposto na Orde HFP/792/2023, do 12 de xullo, pola que se revisa a contía das axudas de custo e asignacións para gastos de locomoción no imposto sobre a renda das persoas físicas, que indica no seu artigo único que será de 0,26 euros o quilómetro.

4º. Gastos de xestión e administración directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa, incluíndo os custos xerais de estrutura necesarios e indispensables para a súa axeitada preparación ou execución. Poderán imputarse os derivados de auditorías externas sobre a xestión do programa por parte da entidade e da revisión da conta xustificativa, de ser o caso, ata un máximo do 3 % do importe da subvención.

5º. Outros gastos correntes directamente relacionados coa actividade desenvolvida ao abeiro do correspondente programa.

Os gastos de alugamento, así como os correntes de subministracións (auga, luz...), non poderán ser imputados ao 100 % agás que se certifique que ese gasto corresponde de xeito exclusivo á realización da actividade do programa subvencionado. No caso contrario soamente se poderá imputar unha porcentaxe proporcional ao custo do desenvolvemento do programa sobre o orzamento da entidade.

6º. Gastos de investimento referidos ao equipamento (incluído material informático, tabletas, etc), obras de reforma, restauración e rehabilitación, gran reparación, conservación, mantemento e adquisición de subministracións, equipamento e vehículos, no caso de entidades beneficiarias de subvencións para o desenvolvementos de proxectos dentro da liña de actuación I.

2. Non serán subvencionables os gastos orixinados polas actividades realizadas na condición de integrante das xuntas directivas ou consellos de dirección das entidades.

3. O custo da adquisición dos gastos subvencionables non poderá ser superior ao valor de mercado.

4. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.

Artigo 6. Subcontratación

Enténdese que unha entidade subcontrata cando concerta con terceiras persoas a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto desta subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer a entidade para a realización por si mesma da actividade subvencionada.

Respecto do réxime de subcontratación, será de aplicación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A entidade beneficiaria poderá subcontratar ata o 80 % do proxecto, e en ningún caso concertará a execución parcial ou total das actividades subvencionadas con persoas ou entidades que recibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

Este 80 % inclúe tanto a subcontratación con outras entidades/empresas coma o persoal en réxime de arrendamento de servizos.

Artigo 7. Compatibilidade das axudas

1. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.

Porén, a percepción destas axudas non é compatible coas outorgadas pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria para o ano 2025, nin a través de subvencións nominativas consignadas nos orzamentos nin a través de ordes de subvencións de concorrencia competitiva para esa mesma actividade ou programa.

2. O importe da subvención concedida non poderá ser en ningún caso de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos supere o custo do correspondente programa. En caso contrario, esta subvención reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.

3. No caso de entidades solicitantes que sexan perceptoras doutras axudas para a mesma finalidade concedidas por outra entidade, deberán acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. En todo caso, deberá/n facerse constar de forma clara o/s concepto/s de gasto/s afectado/s, así como o/s importe/s imputados/s a cada unha delas. A comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

Artigo 8. Iniciación do procedemento. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo II).

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O dito prazo deberá computarse de conformidade co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

4. Na solicitude, anexo II, asinada pola persoa representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta orde e demais normativa aplicable:

a) A identificación da entidade solicitante, da persoa representante da entidade, o enderezo electrónico para notificacións e os datos bancarios.

b) Os datos do/dos programa/s respecto do/dos cales se solicita subvención: denominación, liña e importe solicitado.

c) As declaracións sobre:

1º. Outras subvencións solicitadas ou concedidas, veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiaria, cumprimento de requisitos, coñecemento de obrigas e acordo coas actuacións de control.

2º. Que todo o persoal contratado que vai participar no proxecto non foi condenado por sentenza firme por calquera delito contra a liberdade e indemnidade sexuais tipificados no título VIII da Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal, así como por calquera delito de trata de seres humanos tipificado no título VII bis do Código penal, en aplicación do artigo 57.1 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, así como que as persoas voluntarias que van participar no proxecto e que están relacionadas con menores de idade non teñen antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos/das descendentes, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxas persoas destinatarias fosen ou poidan ser vítimas destes delitos, en aplicación do previsto no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, de voluntariado.

d) A indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentaron, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As entidades deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) A documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a unha persoa distinta da designada no Rexistro administrativo da Comunidade Autónoma.

b) Resolución da concesión de axudas para programas de similar natureza nos 5 anos anteriores á publicación desta convocatoria.

c) O certificado de posuír certificados de calidade en vigor con base na norma ONG con calidade, ISO 9001:2015, EFQM ou outros sistemas de calidade que garantan o control de procesos e programas, de ser o caso.

d) O certificado de estar sometido a auditoría externa de contas, de ser o caso.

e) O plan de igualdade actualizado, de ser o caso, e a acreditación da súa inscrición no Rexistro de depósito de convenios colectivos de traballo e plans de igualdade (REGCON).

f) O documento dos compromisos de execución asumidos por cada membro e o importe da subvención que se aplicará a cada un, no caso das agrupacións sen personalidade xurídica, segundo o modelo do anexo VI modelo de acordo de colaboración para agrupación de entidades sen personalidade xurídica.

g) O documento específico para a valoración das entidades (anexo V).

h) Os estatutos debidamente dilixenciados.

2. No caso de solicitar subvención para programas das liñas II, III, IV ou V, ademais da documentación especificada no punto 1 do presente artigo, deberán achegar unha memoria explicativa por cada programa respecto dos cales se solicita subvención, segundo o modelo do anexo III, e a documentación acreditativa da formación das persoas que traballan no programa. Ademais, deberán achegar o plan de formación de profesionais e mais o plan de comunicación do programa, de ser o caso.

3. No caso de solicitar axudas para programas da liña I, ademais da documentación especificada no punto 1 do presente artigo, deberán achegar a seguinte documentación dependendo do tipo de proxecto presentado:

1. No caso da liña 1, alíneas a e b-Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos, e proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos:

1.1º. Memoria do investimento segundo o modelo do anexo IV.

1.2º. Certificado do Rexistro da Propiedade que acredite que o inmoble onde se realizan as obras é propiedade da entidade ou contrato de alugueiro ou cesión e autorización da persoa propietaria no caso de que a obra se realice nun local alugado ou cedido.

1.3º. Planos de actuación.

1.4º. Anteproxecto orzado ou proxecto de obras, axustado á normativa vixente e coas especificacións técnicas e arquitectónicas axeitadas ás persoas usuarias do centro, ou orzamento detallado e memoria asinada polo/a contratista cando se trate de obras de menor contía.

1.5º. O informe sobre a viabilidade urbanística e a acreditación da posibilidade legal de obter as licenzas e os permisos necesarios.

1.6º. Memoria resumo do programa e/ou programas a que se vencella a obra.

Cando o custo da obra sexa superior aos 40.000,00 €, deberán achegarse, como mínimo, tres ofertas distintas de provedores distintos, e deberá xustificarse a elección dunha destas, de acordo co artigo 29.3. da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. No caso da liña 1, alínea c-Proxectos de adquisición de subministracións, equipamento e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastornos mentais e adictivos:

2.1º. Memoria do investimento segundo o modelo do anexo IV.

2.2º. O orzamento da empresa subministradora, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar. Cando o custo sexa superior aos 15.000,00 €, deberán achegarse, como mínimo, tres ofertas distintas de provedores distintos, e deberá xustificarse a elección dunha destas, de acordo co artigo 29.3. da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2.3º. Memoria resumo do programa e/ou programas en que se vai empregar a subministración, equipamento ou vehículo.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado sobre o cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificado sobre o cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado sobre o cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 12. Instrución do procedemento

1. O procedemento que se seguirá na tramitación e instrución dos expedientes de concesión das subvencións será o de concorrencia competitiva, de acordo co artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, coas concrecións que se establecen nos parágrafos seguintes.

2. O órgano instrutor do procedemento será a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde. A Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental, a través do Servizo de Atención á Saúde Mental e Integración Psicosocial e Trastorno Mental Grave, realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación de datos que deben motivar a proposta de resolución.

3. Se se comproba que non cumpre os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación obrigatoria que debe presentarse contén erros ou é insuficiente, faráselle un único requirimento á entidade solicitante para que, no prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer nun prazo de dez días hábiles, se considerará que desiste da súa solicitude, logo da resolución que así o declare, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

4. Transcorrido o prazo de emenda e determinadas aquelas solicitudes que se admiten por reuniren os requisitos exixidos nesta orde, estas serán sometidas aos criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes que se relacionan no número 1 do artigo 14.

5. Durante a instrución do procedemento, constituirase como órgano colexiado unha comisión de valoración que examinará as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos de valoración dos programas establecidos no número 2 do artigo 14.

Esta comisión de valoración será a encargada de emitir o informe en que se concrete o resultado final da avaliación das solicitudes efectuada conforme os dous tipos de criterios citados, de conformidade co parágrafo segundo do artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

6. A Comisión de Valoración comunicará este informe ao órgano instrutor, que formulará a proposta de resolución e a elevará ao órgano competente para resolver.

Artigo 13. Comisión de Valoración

1. A comisión estará integrada polos seguintes membros:

a) A persoa titular da Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental, que exercerá a presidencia.

b) A persoa que desempeñe a xefatura do Servizo de Saúde Mental e Integración Psicosocial e Trastorno Mental Grave.

c) Catro persoas de entre o persoal do Servizo de Saúde Mental e Integración Psicosocial e Trastorno Mental Grave, unha das cales asumirá a secretaría

No caso de ausencia dalgunha das persoas que a integran, serán substituídas polas persoas designadas pola persoa que exerza a presidencia.

A Comisión de Valoración poderá solicitar a presenza de persoas asesoras e técnicas expertas na materia que se vai tratar, que non terán a condición de membros da comisión.

Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar una presenza equilibrada de homes e mulleres.

2. A orde de prelación para a concesión das subvencións determinarase en función da puntuación obtida por valoración dos criterios establecidos no artigo 14.

Serán rexeitadas aquelas solicitudes que:

a) Obteñan unha puntuación inferior a 30 puntos na valoración do programa.

b) Obteñan unha puntuación inferior a 38 puntos na valoración global de todos os criterios.

Para a determinación do importe da axuda que corresponde a cada un dos programas que superen o limiar de puntuación mínima previsto no punto anterior procederase do seguinte modo:

1. Dentro de cada unha das liñas de actuación, ordenaranse os programas segundo a puntuación total acadada, de maior a menor.

2. A Comisión de Valoración determinará cal é o orzamento subvencionable de cada programa, que será igual á axuda solicitada coa exclusión daqueles gastos que non sexan elixibles ou que non sexan estritamente necesarios para acadar a finalidade da subvención, sempre co límite establecido no artigo 3.3.

Irase asignando seguindo a orde de prelación o importe subvencionable a cada un dos proxectos que superaron o limiar mínimo ata o esgotamento do crédito, e sempre co límite máximo de axuda establecido no artigo 3.3.

No caso de que varios programas teñan a mesma puntuación, establecerase como primeiro criterio de desempate en todas as liñas ter obtido a maior puntuación na valoración do programa (artigo 14.2). No caso da liña I, o segundo criterio de desempate será ter obtido a maior puntuación na epígrafe obxecto do proxecto de investimento (14.2.1.d). No caso das restantes liñas o segundo criterio de desempate será ter obtido maior puntuación na epígrafe de estimación de persoas beneficiarias (14.2.2.d).

No caso de que se produza excedente nas liñas I e V, este quedaría sen asignar. No caso de que o excedente se produza nas restantes liñas, este resto sumaríase integramente á cantidade para repartir na liña seguinte, seguindo a orde II-III-IV-II.

Artigo 14. Criterios de valoración

Para a adxudicación das subvencións teranse en conta os criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes e dos programas, e a ponderación deles segundo a seguinte relación:

1. Criterios obxectivos de valoración das entidades solicitantes (máximo 19 puntos):

a) A implantación (máximo de 3 puntos): valorarase o maior ámbito territorial da entidade que veña indicado nos seus estatutos:

1º. Ás entidades que desenvolvan actuacións en dúas provincias de Galicia: 1 punto.

2º. Ás entidades que desenvolvan actuacións en tres provincias de Galicia: 2 puntos.

3º. Ás entidades que desenvolvan actuacións nas catro provincias de Galicia: 3 puntos.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta o seu ámbito territorial.

b) A experiencia na xestión e execución de programas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia: (máximo 2,5 puntos): valorarase a especialización e experiencia na xestión e execución de programas en materia de saúde mental e de adiccións de similar natureza aos programas para os que solicita subvención nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria, financiados por administracións públicas. Para estes efectos outorgaranse:

1º. Ás entidades que teñan unha experiencia dun ano: 0,5 puntos.

2º. Ás entidades que teñan unha experiencia de dous anos: 1 punto.

3º. Ás entidades que teñan unha experiencia de tres anos: 1,5 puntos.

4º. Ás entidades que teñan unha experiencia de catro anos: 2 puntos.

5º. Ás entidades que teñan unha experiencia de cinco anos: 2,5 puntos.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta a experiencia da propia confederación, federación ou agrupación, ou a das entidades que a integren, tendo en conta neste último caso que para acadar a puntuación anterior deben contar coa experiencia exixida en cada un dos tramos anteriores un mínimo do 20 % das entidades integrantes.

Para tal efecto achegarase resolución da concesión da axuda.

c) A calidade na xestión da entidade (máximo de 3 puntos): valoraranse con 3 puntos as entidades que conten con certificados de calidade en vigor con base na norma ONG con calidade, ISO 9001:2015, EFQM ou outros sistemas de calidade que garantan o control de procesos e programas. Soamente se valorará no caso de acreditalo documentalmente.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, a puntuación outorgase de acordo co seguinte criterio:

1º. Máis do 30 % e ata o 50 % das entidades contan co certificado: 1 punto.

2º. Máis do 50 % e ata o 70 % das entidades contan co certificado: 2 puntos.

3º. Máis do 70 % das entidades contan co certificado: 3 puntos.

d) A auditoría externa (máximo de 1,5 puntos): valorarase con 1,5 puntos a entidade que conte con auditoría externa de contas. Soamente se valorará no caso de acreditalo documentalmente

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, a puntuación outórgase de acordo co seguinte criterio:

1º. Máis do 30 % e ata o 50 % das entidades están sometidas a auditoría: 0,5 puntos.

2º. Máis do 50 % e ata o 70 % das entidades están sometidas a auditoría: 1 punto.

3º. Máis do 70 % das entidades están sometidas a auditoría: 1,5 puntos.

e) O financiamento obtido doutras institucións (máximo de 1 punto): valorarase o volume de ingresos procedente do financiamento obtido doutras entidades públicas ou privadas, de acordo cos seguintes tramos:

1º. 0,5 puntos ás entidades con, cando menos, o 5 por cento e ata o 10 por cento do seu orzamento obtido con financiamento alleo.

2º. 1 punto ás entidades con máis do 10 por cento do seu orzamento obtido con financiamento alleo.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta a porcentaxe de financiamento obtido por todas as entidades que a integran respecto do orzamento total de todas elas.

f) A adecuación de recursos humanos (máximo de 8 puntos): valorarase o persoal contratado pola entidade solicitante no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme os seguintes criterios:

1º. O volume de recursos humanos: valorarase o número de persoal contratado pola entidade solicitante no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

a. De 3 e ata 10 persoas traballadoras: 0,5 puntos.

b. Máis de 10 e ata 50 persoas traballadoras: 1 punto.

c. Máis de 50: 1,5 puntos.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta o número total de persoas traballadoras de todas as entidades que as integran.

2º. A proporción do persoal asalariado con contrato indefinido da entidade.

a. Ata o 50 %: 1 punto.

b. Máis do 50 % e ata o 70 %: 2 puntos.

c. Máis do 70 %: 3 puntos.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta a porcentaxe de contratos indefinidos de todas as entidades en relación co cadro de persoal laboral de todas elas.

3º. A proporción do emprego de persoas con discapacidade en relación co número total de persoas remuneradas.

a. Desde o 2 % ata o 10 %: 0,5 puntos.

b. Máis do 10 % e ata o 20 %: 1 punto.

c. Máis do 20 %: 1,5 puntos.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, terase en conta a porcentaxe de persoas con discapacidade contratadas por todas as entidades en relación co cadro de persoal laboral de todas elas.

4º. O emprego de mulleres vítimas de violencia de xénero: outorgarase 1 punto ás entidades que teñan contratada, cando menos, unha persoa que se atope nas circunstancias indicadas.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, a puntuación outorgarase de acordo co seguinte criterio:

a. Máis do 30 % e ata o 50 % das entidades contan cunha muller vítima de violencia de xénero: 0,50 puntos.

b. Máis do 50 % e ata o 70 % das entidades contan cunha muller vítima de violencia de xénero: 0,75 puntos.

c. Máis do 70 % das entidades contan cunha muller vítima de violencia de xénero: 1 punto.

5º. A existencia nas entidades de plans de igualdade nos termos previstos na Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e na Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, que recollan, entre outras medidas, o fomento da conciliación da vida persoal, familiar e laboral valorarase con 1 punto. Soamente se valorará no caso de acreditalo documentalmente.

No caso de confederacións, federacións ou agrupacións, a puntuación outorgarase de acordo co seguinte criterio:

a. Máis do 30 % e ata o 50 % das entidades contan con plan de igualdade: 0,50 puntos.

b. Máis do 50 % e ata o 70 % das entidades contan con plan de igualdade: 0,75 puntos.

c. Máis do 70 % das entidades contan con plan de igualdade: 1 punto.

2. Criterios de valoración dos programas.

2.1. Criterios de valoración da liña I (máximo 57 puntos).

No caso de programas da liña I, a baremación dos programas constará de ata 57 puntos, e será preciso contar cun mínimo de 30. A desagregación será a seguinte:

a) Tipo de investimento: ata 5 puntos.

1º. Proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastorno mental e adiccións: 3 puntos.

2º. Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastorno mental e adiccións: 5 puntos.

3º. A adquisición de subministracións, equipamentos e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastorno mental e adiccións: 5 puntos.

b) Tipoloxía do centro a que se vai adxudicar a subvención. Máximo 15 puntos. Valorarase a tipoloxía de centro para o que se solicita a subvención nos seguintes termos:

1º. Centros ou servizos de atención destes destinados a dependencias administrativas de atención ao público ou de atención ás persoas usuarias de carácter non administrativo que non teñan a consideración de centros de intervención social ou espazos residenciais: 5 puntos.

2º. Centros sanitarios que non sexan de carácter residencial: 10 puntos.

3º. Centros sanitarios de carácter residencial (comunidades terapéuticas, minirresidencias, vivendas supervisadas e pisos protexidos): 15 puntos.

c) Ámbito territorial do proxecto de investimento (máximo 5 puntos).

1º. No caso de proxectos de investimento que se desenvolvan en áreas rurais, segundo o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, outorgaranse 3 puntos.

2º. No caso de proxectos de investimento que se desenvolvan en áreas rurais de alta dispersión, segundo o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, outorgaranse 5 puntos.

d) Obxecto do proxecto de investimento (máximo 30 puntos).

1º. Se o proxecto supón a posta en marcha dun novo centro sanitario de carácter residencial: 30 puntos

2º. Se o proxecto supón a posta en marcha dun novo centro sanitario non residencial: 25 puntos

3º. No caso de que o proxecto de investimento se realice sobre un centro xa existente:

3º.1. Proxectos de investimento destinados a emendar unha deficiencia que supoña un cesamento temporal de actividade ou a imposibilidade de utilización dun espazo: 15 puntos.

3º.2. Proxectos de investimento que dean resposta a unha necesidade imprescindible para o desenvolvemento das actividades habituais do centro, aínda que non supoña o cesamento da actividade: 10 puntos.

3º.3. Proxectos de investimento que supoñan unha mellora nas condicións para a prestación do servizo e que, aínda que non sexan imprescindibles redunden nunha mellora da calidade de vida das persoas usuarias do recurso: 8 puntos.

3º.4. Proxectos de investimento que supoñan incrementar o número de persoas usuarias que é posible atender no centro. Para estes efectos, o incremento suporá ao menos un 25 % máis da capacidade respecto á previa: 4 puntos

3º.5. Proxectos de investimento que permitan a atención telemática e/ou domiciliaria, cando esta non estivese implantada previamente. En todo caso, detallaranse o contido do programa e os medios con que se vai contar para o seu desenvolvemento, ademais das necesidades materiais: 5 puntos.

3º.6. Proxectos de investimento que supoñan unha mellora das condicións de accesibilidade física, conforme a normativa de accesibilidade, ou da accesibilidade sensorial e/ou cognitivas: 6 puntos.

e) Innovación e compromiso co ambiente do proxecto. Valoraranse con 2 puntos os proxectos innovadores que incorporen aspectos ambientais, mellora da eficiencia enerxética e uso de materiais sostibles.

2.2. Criterios de valoración da liñas II,III, IV e V (máximo 57 puntos).

No caso de programas da liñas II,III, IV e V, a baremación dos programas constará de 57 puntos. Serán rexeitadas as solicitudes que non acaden como mínimo 30 puntos.

Os criterios de valoración desagréganse do seguinte xeito:

a) Avaliación das necesidades das persoas ou grupos a que se dirixe o programa (máximo 6 puntos). Valorarase que o programa conteña un estudo sobre as necesidades reais que se van abordar, en que se realice unha análise dos recursos existentes na area territorial en que se vai levar a cabo a intervención, e o valor que aporta o programa proposto. Xustificarase a viabilidade do proxecto e como este vai supoñer unha achega significativa para a poboación obxecto do programa no contexto sinalado.

b) A proposta metodolóxica para o desenvolvemento do programa incluíndo os obxectivos xerais e específicos que se pretenden acadar.

Avaliaranse a precisión dos obxectivos, a claridade e concisión na descrición das fases do proceso de traballo para a consecución destes, o nivel de detalle da metodoloxía e o impacto social do proxecto (máximo 6 puntos).

c) A descrición dos criterios de inclusión no programa (máximo 4 puntos). Valoraranse as vías de acceso ao programa definidas e os instrumentos e criterios previstos para incorporar persoas usuarias procedentes dos recursos asistenciais sanitarios. Tamén se valorarán os colectivos incluídos e os criterios establecidos para a súa selección, así como a accesibilidade do programa (redución de barreiras xeográficas, tempos de resposta ou de espera).

d) A estimación de persoas beneficiarias directas e indirectas, indicando o método empregado para realizar esta estimación. Avaliarase o volume de persoas beneficiarias e a relación deste con orzamento solicitado, e que a metodoloxía empregada para o dito cálculo incorpore datos reais en función do ámbito de intervención. Tamén se terá en conta que o volume da intervención sexa estimado de xeito coherente co orzamento do programa (máximo 4 puntos).

e) As características da poboación albo. Valorarase que o programa se destine de xeito exclusivo a menores de idade, mulleres ou persoas maiores de 65 anos (5 puntos).

f) A poboación de referencia dos concellos en que se implantará o programa. Para tal estimación, sumarase a poboación total dos concellos en que de xeito efectivo se desenvolverá a actividade, que deberán indicarse no anexo correspondente. Non se terá en consideración o concello de residencia das persoas usuarias, senón o lugar físico onde o programa se realiza de xeito efectivo (máximo 4 puntos):

Ata 50.000 habitantes: 1 punto.

Entre 50.001 e 120.000 habitantes: 2 puntos.

Máis de 120.000 habitantes: 3 puntos.

Se, ademais, o 50 % dos concellos en que se desenvolve o programa están sitos en áreas rurais e/ou áreas rurais de elevada dispersión, de acordo co Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento: 1 punto

g) Distribución horaria da actividade: valorarase con ata 4 puntos a distribución do horario do programa, definindo este como o horario en que se fai a actividade para a que solicita axuda e non a do centro onde se desenvolve. Este horario debe ser coherente co período e tempo de contratación do persoal asignado. Empregaranse os seguintes criterios non excluíntes entre si:

1º. Se a actividade se realiza todos os días laborables: 2 puntos.

2º. Se a actividade ten horario tamén pola tarde e esta supón polo menos un 20 % do seu horario total semanal: 1 punto.

3º. Se a actividade se realiza tamén as fins de semana: 1 punto.

Todos os programas deberán garantir un número mínimo de atención presencial semanal non inferior a 10 horas.

h) Adecuación dos recursos humanos: máximo 5 puntos. Valorarase que o persoal conte con experiencia en programas do mesmo eido, que deberá acreditarse, así como que o número de efectivos sexa axeitado ao número de potenciais persoas beneficiarias indicadas e á distribución horaria da actividade. Será imprescindible, como se indica no artigo 1.2, que exista unha persoa coordinadora do programa, responsable da súa execución.

i) Adecuación dos medios materiais: ata 3 puntos

1º. Se dispoñen dun centro propio para a execución da actividade, entendendo como centro propio aquel xestionado directamente pola entidade (xa sexa da súa propiedade ou mediante contrato de cesión ou alugueiro): 1 punto.

2º. Se facilitan o desprazamento das persoas usuarias do programa poñendo á súa disposición un servizo de transporte: 1 punto.

3º. Se realizan a actividade utilizando tecnoloxías e un programa de atención definido para a súa aplicación a distancia que permitan a atención telemática á persoa usuaria: 1 punto.

j) Avaliación do programa: valoraranse o desenvolvemento e implementación dun proceso de calidade e a existencia de indicadores de avaliación e control nun proceso de mellora continua. Valorarase que os indicadores midan aspectos relacionados co grao de satisfacción da persoa usuaria, congruencia, continuidade da intervención, repercusión do desenvolvemento do programa no colectivo destinatario, estimación das intervencións realizadas, así como a descrición do método empregado para medilos. Os aspectos medidos polos indicadores deben estar desagregados por sexo co fin de poder avaliar o impacto do programa de xeito diferenciado (máximo 8 puntos).

k) A innovación: valoraranse os programas innovadores, especialmente cando se dirixan a atender necesidades emerxentes non cubertas (que acheguen solucións eficaces e adaptativas á evolución da enfermidade ou problemática dada) ou cando incorporen novas tecnoloxías (que engadan calidade na atención co mesmo custo) (máximo 4 puntos).

l) Cooperación con outros dispositivos ou entidades que atendan a poboación destinataria do programa. Valorarase a acreditación da existencia de acordos, colaboracións temporais, derivacións de persoas usuarias e actividades conxuntas con outros dispositivos ou entidades que atendan a poboación destinataria do programa (máximo 2 puntos).

m) Divulgación e publicidade. Deberán concretar as actividades planificadas de divulgación e publicidade: indicando o contido e tipo de difusión e as datas, o lugar de realización, o uso de redes sociais ou medios de comunicación (máximo 2 puntos).

Artigo 15. Resolución

1. As resolucións que procedan ao abeiro desta orde serán ditadas pola persoa titular da Consellería de Sanidade, a quen lle corresponde a presidencia do Servizo Galego de Saúde, por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, segundo o previsto no artigo 12.

2. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se transcorre o dito prazo sen que se dite resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude por silencio administrativo.

Artigo 16. Publicidade

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Sanidade.

Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, todo isto nos termos establecidos no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas públicas.

Artigo 17. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 18. Aceptación e renuncia

1. Notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días (10) hábiles a súa aceptación, comprometéndose a executar a acción subvencionada nas condicións establecidas na presente convocatoria. No caso de non o comunicar no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

2. A renuncia á subvención poderase formular por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co que establece o artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Os importes que, se é o caso, resultaren sobrantes por causa de renuncia poderán destinarse ao outorgamento de máis subvencións, segundo o determinado no artigo 13.2.

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra as obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 20. Réxime de recursos

1. A resolución do procedemento pon fin á vía administrativa, e contra ela as entidades interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ante a persoa titular da Consellería de Sanidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución á entidade.

2. Igualmente, procederá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación se a resolución é expresa; se non for así, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

3. De presentarse recurso potestativo de reposición, non se poderá acudir á vía contencioso-administrativa ata que este sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

Artigo 21. Modificación da resolución de concesión

1. De acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, segundo o previsto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, unha vez ditada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria poderá solicitar a modificación do seu contido sempre que se respecte a actuación subvencionable e non dea lugar á execución deficiente e/ou incompleta. Será de aplicación o seguinte:

a) A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade e a esta xuntarase:

1º. A memoria xustificativa.

2º. A relación e identificación concreta dos cambios introducidos.

3º. O orzamento modificado, se é o caso.

b) Poderase autorizar sempre que non dane dereitos de terceiras persoas.

c) Non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

d) Cando implique modificación do importe total concedido, tramitarase conxuntamente coa do expediente de gasto.

3. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Consellería de Sanidade por proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, logo da correspondente tramitación e, se é o caso, con audiencia da entidade interesada.

4. Cando a entidade beneficiaria da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non afectan esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que poderían ter dado lugar á modificación da resolución téndose omitido o trámite de autorización administrativa previa, o órgano concedente poderá aceptar a xustificación presentada, sempre que tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiras persoas.

Esta aceptación polo órgano concedente non exime a entidade beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle de conformidade coa citada Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. A Administración poderá rectificar de oficio a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

Artigo 22. Obrigas das entidades beneficiarias

1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a:

a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como as variacións no cadro de persoal que realiza o programa.

c) Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral Asistencia Sanitaria a autorización das modificacións que afecten as actuacións subvencionadas, cunha antelación de cinco días respecto á data en que se produzan.

d) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 24.

e) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

f) No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, destinar os ditos bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, durante un prazo que non pode ser inferior a cinco anos no caso de bens susceptibles de inscrición nun rexistro público nin a dous anos para o resto de bens. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención.

g) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

h) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme a disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

i) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

j) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas subvencionados o seu financiamento público.

k) Ter subscrita unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados, conforme o previsto nos artigos 7, letra g), e 11, letra i), da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

l) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.

m) Calquera outra obriga imposta ás entidades beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta orde.

2. Os servizos da Consellería de Sanidade poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades dos requisitos exixidos.

Artigo 23. Pagamento

Os pagamentos correspondentes realizaranse de conformidade co previsto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e 63.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e faranse efectivos do seguinte xeito:

1. No caso de que o programa fose subvencionado ao abeiro da convocatoria 2024, e xustificase menos do 80 % da devandita axuda, realizaranse dous pagamentos anticipados como se describe no artigo seguinte.

2. No caso de que o programa ou ben non fose subvencionado na convocatoria do ano 2024, ou ben si recibise subvención e, ademais, xustificase polo menos o 80 % da devandita axuda, realizarase un pagamento anticipado único como se describe no artigo seguinte.

De acordo co artigo 65.4. h) do citado decreto, os pagamentos anticipados quedan exonerados da constitución de garantía.

Artigo 24. Xustificación

1. No caso de que o programa fose subvencionado na convocatoria do ano 2024 desta mesma orde de subvencións e xustificase menos do 80 % da devandita axuda, procederase do seguinte xeito:

Realizarase un primeiro pagamento anticipado, por valor da porcentaxe efectivamente xustificada do importe orzado na convocatoria do ano 2024, que se realizará unha vez ditada a resolución de concesión, tras a aceptación da subvención concedida e a declaración doutras axudas debidamente cuberta.

A xustificación deste primeiro anticipo terá como data límite o 31 de outubro de 2025 e incluirá a relación dos gastos executados e correspondentes ás actividades desenvolvidas entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 30 de setembro de 2025.

Para ter dereito a este importe, deberase xustificar a mesma porcentaxe de cumprimento que na convocatoria anterior.

O segundo anticipo efectuarase unha vez revisada e validada a xustificación do primeiro pagamento anticipado e a súa contía quedará condicionada á súa revisión e validación.

A xustificación deste segundo anticipo terá como data límite o 28 de febreiro de 2026 e incluirá a relación dos gastos executados e correspondentes ás actividades desenvolvidas entre o 1 de outubro de 2025 e o 31 de decembro de 2025.

No caso de non xustificar completamente este segundo pagamento, a entidade estaría obrigada a proceder ao reintegro correspondente.

2. No caso de que o programa non fose subvencionado na convocatoria anterior, ou ben fose subvencionado e xustificase polo menos o 80 % da devandita axuda, procederase do seguinte xeito:

Realizarase un único pagamento anticipado do 100 % da contía concedida.

A xustificación do anticipo terá como data límite o 28 de febreiro de 2026 e incluirá a relación dos gastos executados e correspondentes ás actividades desenvolvidas entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 31 de decembro de 2025.

Deberá xustificarse o 100 % do importe orzado para ter dereito á contía concedida.

No caso de non xustificar completamente este 100 %, reducirase proporcionalmente o importe concedido e a entidade beneficiaria deberá proceder ao reintegro correspondente.

Os programas que resulten beneficiarios por un importe superior ou igual a 30.000,00 € ou cun custo total de programa que supere os 100.000,00 €, independentemente da contía subvencionada, deberán realizar a xustificación a través dunha conta xustificativa con achega de informe de auditoría, de acordo co regulado no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. No caso contrario poderán optar por esta modalidade ou pola de conta xustificativa con entrega de xustificantes de gasto, segundo o artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

En ambos os casos deberase presentar:

a) Memoria xustificativa da actuación subvencionada asinada pola persoa representante da entidade, que certificará a veracidade do consignado.

Especificará co máximo detalle as actividades realizadas e os resultados obtidos, así como a súa relación directa cos gastos realizados na execución dos programas financiados que se imputen á subvención, conforme a desagregación orzamentaria establecida. A memoria deberá ter os puntos indicados no anexo X.

b) Memoria económica abreviada xustificativa do custo das actividades realizadas, que conterá:

– Unha relación clasificada dos gastos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento segundo o modelo do anexo VII.

Cando o importe dalgún xustificante non se impute totalmente á finalidade do programa subvencionado con estas axudas, indicarase a contía exacta daquel que resulte afectado por el.

O anexo deberá ser asinado en todo caso pola persoa representante legal da entidade.

– O certificado dos gastos realizados, segundo o anexo VIII.

– Detalle coas desviacións acaecidas na execución do proxecto respecto do orzamento aprobado.

– Declaración doutras axudas e ingresos recibidos para o mesmo programa e contía destas.

A memoria económica deberá abarcar a totalidade dos gastos en que se incorreu na realización das actividades subvencionadas.

No caso de realizar a xustificación mediante informe de auditoría a xustificación deberá incluír, ademais, o informe dun/dunha auditor/a de contas inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, dependente do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas, para cuxa comprobación se entregará xunto coa documentación xustificativa a certificación rexistral de tal aspecto.

A auditoría realizarase de acordo co establecido na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos auditores de contas na realización dos traballos de revisión de contas xustificativas de subvencións, no ámbito do sector público estatal, previstos no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado mediante Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

A presentación da auditoría como forma xustificativa do gasto non exime a entidade beneficiaria da subvención do mantemento do soporte documental de acordo cos prazos estipulados pola lei.

A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria poderá solicitar a documentación soporte da auditoría, de acordo co establecido nesta orde.

Unha vez finalizada a revisión da conta xustificativa, a persoa que asine a auditoría deberá emitir un informe en que detallará os procedementos de revisión levados a cabo e o seu alcance, o sistema de mostraxe empregado, o número de elementos e o importe da mostra analizados respecto do total e a porcentaxe de deficiencias advertida respecto da mostra analizada e a contía dos gastos afectados.

O informe deberá incluír a listaxe dos xustificantes de gastos da totalidade do proxecto, selada e asinada polo/a auditor/a.

O informe mencionará se a entidade beneficiaria facilitou canta información lle solicitou o/a auditor/a para realizar o traballo de revisión. No caso de que a entidade beneficiaria non facilitase a totalidade da información solicitada, mencionarase tal circunstancia con indicación da información omitida.

O informe referirase ao resultado das comprobacións realizadas, mencionando os feitos observados que puidesen supor un incumprimento, por parte da entidade beneficiaria, da normativa aplicable ou das condicións impostas para a percepción da subvención, debendo proporcionar a información co suficiente detalle e precisión para que o órgano xestor poida concluír respecto diso.

En todo caso, a verificación que debe realizar a auditoría de contas terá o seguinte alcance:

a) O cumprimento por parte das entidades beneficiarias das obrigacións establecidas nesta orde e no resto da normativa que lle é de aplicación na xestión e aplicación da subvención.

b) A adecuada e correcta xustificación da subvención por parte das entidades beneficiarias tendo en conta a documentación complementaria que lle debe ser achegada segundo o artigo 26, e os gastos subvencionables determinados no artigo 5 desta orde

c) Mención expresa á técnica de mostraxe empregada na revisión.

d) A realidade e a regularidade das operacións que, de acordo coa xustificación presentada polas entidades, foron financiadas coa subvención.

e) Enumeración das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes, coidando de que non exista sobrefinanciamento das actividades.

f) Coherencia da memoria de actuación cos documentos de xustificación económica. Se existe desviación respecto ao orzamento aprobado cuberto na memoria explicativa achegada no inicio da tramitación, engadirase unha explicación das desviacións.

g) Mención do grao de cumprimento do obxecto da orde.

h) Mención do cumprimento das obrigas establecidas no artigo 22.

i) Acreditación documental, material e/ou gráfica (fotografías, copias, capturas de pantalla) do cumprimento do deber de información e do financiamento público da acción subvencionada.

Se a entidade beneficiaria está obrigada a que audite as súas contas anuais un/unha auditor/a de conformidade co Lei 22/2015, do 20 de xullo, de auditoría de contas, a revisión da conta xustificativa levaraa a cabo o/a mesmo/a auditor/a.

No caso contrario, a designación do auditor será realizada polo propia entidade beneficiaria e terá condición de gasto subvencionable ata o límite indicado no artigo 5.3 desta orde.

Considéranse gastos subvencionables os recollidos no artigo 5.

A documentación xustificativa dos gastos presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica https://sede.xunta.gal, e dirixirase á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria, a través da Carpeta cidadá, como se indica no artigo 11.

Artigo 25. Documentación complementaria dos xustificantes de gasto

Na conta xustificativa que a entidade beneficiaria proporcione ao/á auditor/a no caso de xustificar mediante a modalidade de informe de auditoría, ou na que proporcione á Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria no caso de xustificar mediante conta xustificativa, debe figurar, ademais das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente que figuren na conta xustificativa, a documentación especificada no anexo IX.

Artigo 26. Incumprimento, reintegro, infraccións e sancións

1. Ás entidades beneficiarias das subvencións recollidas na presente orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

2. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para estes efectos, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento, e en función do seguinte:

a) O incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención: reintegro do 100 % da axuda concedida.

b) O incumprimento da obriga de xustificar o pagamento nos termos establecidos no artigo 24 desta orde: reintegro do 2 % da axuda concedida no caso de que o atraso na presentación sexa de ata 10 días, do 10 % no caso de que o atraso sexa superior a 10 días e inferior a 20 días, e do 100 % da axuda concedida no caso de que o atraso na presentación sexa igual ou superior a 20 días.

c) Non dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento nos termos establecidos na letra j) do artigo 23: reintegro do 2 % da axuda concedida.

d) A aplicación da subvención a conceptos de gasto e a ámbitos territoriais doutras comunidades autónomas ou a programas diferentes dos que figuran na solicitude: reintegro do 100 % da axuda concedida.

e) O incumprimento das obrigas establecidas nos artigos 11 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como nos supostos establecidos no artigo 33 desa mesma lei e/ou calquera outro que resulte da normativa aplicable, e non recollido nos puntos anteriores: reintegro de ata o 100 % da axuda concedida.

3. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con axudas ou subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

4. As cantidades que teñan que reintegrar as entidades beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4. do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa da Comunidade Autónoma de aplicación.

5. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a entidade beneficiaria poderá realizar a devolución voluntaria de cantidades indebidamente percibidas mediante o ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de demora. No documento de ingreso deberán identificarse o número do expediente, o concepto da devolución e o nome e NIF da entidade beneficiaria. Unha vez ingresado, deberase informar a Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria da devolución voluntaria realizada.

Artigo 27. Comprobación, inspección e control

1. A Consellería de Sanidade poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta orde, e realizará, ben con persoal propio ben a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta orde. O persoal encargado da verificación redactará unha acta da actuación de control, que asinará a entidade, á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

2. Ademais, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 28. Información ás entidades interesadas

Sobre este procedemento poderase obter información a través do teléfono 012, do enderezo electrónico atencion.saude.mental@sergas.es, e na Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.

Disposición derradeira primeira. Órgano responsable

A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria adoptará as medidas oportunas para o seguimento, a avaliación, a difusión e a execución dos proxectos seleccionados previstos nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2025

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Actuacións destinadas a programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais

Liña I. Proxectos de investimento en melloras nos centros sanitarios e sociosanitarios cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais en materia de trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos)

Serán obxecto de subvención os seguintes programas:

a) Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.

b) Proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastornos mentais e/ou adictivos.

c) A adquisición de subministracións, equipamento e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastornos mentais e adictivos.

Os programas deberán estar vencellados univocamente a un programa asistencial no eido do trastorno mental e/ou adictivo.

Liña II. Programas de Intervención comunitaria en persoas con trastorno mental (incluídos os trastornos adictivos).

Programas que ofrezan unha intervención integral ás persoas que padezan un trastorno mental desde a intervención psicosocial e comunitaria, fomentando os recursos de proximidade, o incremento das competencias dos equipos e a xeración de redes de coordinación interdepartamentais:

a) Programas de atención domiciliaria a persoas con trastorno mental grave e as súas persoas achegadas.

b) Actividades de información, orientación e asesoramento sobre saúde mental en recursos especializados

c) Programas dirixidos á atención das fases precoces da psicose.

d) Programas de capacitación do voluntariado dirixidos a persoas con trastorno mental grave.

e) Programas de formación de profesionais de entidades de iniciativa social orientados a mellorar a capacitación na detección de persoas en risco de presentar un trastorno mental, e en habilidades para o manexo terapéutico destas persoas.

f) Programas de apoio psicosocial ás persoas con trastorno de personalidade e aos seus achegados.

g) Programas de intervención en trastornos da conduta alimentaria.

h) Programas de respiro familiar en medios residenciais ou supervisados.

i) Programas de apoio emocional á infancia.

Liña III. Programas de promoción do desenvolvemento de contornas protectoras no ámbito dixital e prevención terciaria en adiccións comportamentais e outras adiccións.

a) Programas sociosanitarios de sensibilización, formación, información, asesoramento e rehabilitación en persoas afectadas por ludopatía.

b) Programas sociosanitarios de sensibilización, formación, información, asesoramento e rehabilitación en persoas afectadas por adicción alcohólica.

c) Programas destinados á sensibilización e educación de familias, centros educativos, institucións e empresas para a promoción do uso seguro e responsables das Tecnoloxías para a relación, a información e a comunicación (TRIC).

Liña IV. Programas de incorporación social e fomento do emprego en persoas con trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).

Enténdese por incorporación social o proceso de socialización personalizado e flexible, constituído por accións e intervencións que pretenden implicar activamente, responsabilizar, promover e facilitar ás persoas a súa autonomía, desenvolvemento e benestar social, participación e capacidade crítica coa súa contorna. Neste sentido, inclúe diferentes ámbitos ou dominios (persoal, familiar, laboral, etc.), en que o labral é importante, pero non o principal ou o único.

a) Programas dirixidos á procura de emprego das persoas cun trastorno mental ou adictivo, mediante a adquisición de valores, competencias e habilidades.

b) Programas de inserción social e laboral destinados a persoas con problemas xurídicos ou persoas ex reclusas con trastornos mentais ou adictivos.

c) Programas de atención xurídico-social a persoas con trastorno mental grave.

Liña V. Programas de prevención de suicidio e posvención.

Os programas deberán ter como obxectivos os seguintes:

a) Programas de prevención universal ou selectiva sobre poboación en risco.

b) Programas de apoio a familiares e achegados das persoas falecidas por suicidio.

c) Programas de capacitación a profesionais sociosanitarios nos ámbitos da prevención, intervención na conduta suicida e posvención.

d) Programas de capacitación a profesionais do ámbito dos medios de comunicación sobre o tratamento informativo da conduta suicida.

e) Programas de capacitación a profesionais dos corpos de seguridade en primeiros auxilios psicolóxicos.

f) Programas orientados ao establecemento de accións específicas para a promoción do benestar, a atención ás dificultades e a prevención de situacións de desatención e soidade non desexada, particularmente no colectivo de persoas maiores.

Non se subvencionarán programas que teñan como única finalidade a sensibilización social.

As actividades de sensibilización serán unicamente subvencionables como complementarias a outras no contexto dos programas especificados nas liñas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Memoria explicativa programas liñas II,III, IV e V

Achegarase un arquivo en formato pdf e asinado electronicamente coas seguintes características:

• Máximo de 20 páxinas.

• Marxes de 2 cm.

• Letra Arial, tamaño 11.

• Interliñado sinxelo.

• Paxinada.

Partes:

1. Denominación do programa e liña, segundo os especificados no anexo I.

2. Tipo de programa dentro da liña, segundo os especificados no anexo I.

3. Avaliación das necesidades das persoas ou grupos a que se dirixe o programa, analizando os recursos existentes na área onde se vai realizar o programa e o valor que achega o programa proposto. Xustificarase a viabilidade do proxecto e como este vai supoñer unha achega significativa para a poboación obxecto do programa no contexto sinalado.

4. Proposta metodolóxica para o desenvolvemento do programa: Obxectivos xerais e específicos definidos para o programa, descrición das fases do proceso de traballo para a consecución dos obxectivos, detalle da metodoloxía e impacto social do proxecto.

5. Descrición dos criterios de inclusión no programa: descrición das vías de acceso ao programa definidas e os instrumentos e criterios previstos para incorporar persoas usuarias procedentes dos recursos asistenciais sanitarios. Descrición dos colectivos incluídos e os criterios establecidos para a súa selección, así como a accesibilidade do programa (redución de barreiras xeográficas, tempos de resposta ou de espera).

6. Estimación de persoas beneficiarias directas e indirectas, indicando o método empregado para realizar esta estimación. Avaliarase o volume de beneficiarios e a relación co orzamento solicitado, e que a metodoloxía empregada para o dito cálculo incorpore datos reais en función do ámbito de intervención. Tamén se terá en conta que o volume da intervención sexa estimado de xeito coherente co orzamento do programa

7. Poboación albo do programa, sinalando se se dirixe a poboación menor de idade, mulleres e/ou maiores.

8. Descrición, no caso de que existan, dos mecanismos de coordinación cos servizos de psiquiatría das áreas sanitarias, comisións de rehabilitación ou outras.

9. Ámbito territorial do programa (localización física do programa): entendendo como tal o lugar onde se desenvolven as actividades, non a residencia efectiva das persoas beneficiarias). Indicación da situación de falta de recursos de saúde mental na área, de ser o caso.

Provincia/s

Concello/s

Poboación de referencia

Persoas beneficiarias

10. Número de horas mensuais do programa e distribución horaria da actividade, entendendo como tal o de desenvolvemento da actividade e non o horario do centro onde se desenvolve, indicando:

– Se se realiza todos os días laborables.

– Se se realiza en horario de tarde e esta supón polo menos un 20 % do horario semanal.

– Se se realiza en fin de semana.

11. Datos globais do equipo que realizará o programa, indicando cal é o responsable. Ademais, deberá indicarse resumidamente a experiencia en programas do mesmo eido de cada un, que deberá acreditarse.

Nome e apelidos

DNI

Titulación/categoría

Vinculación contractual

Nº de horas semanais

Nº de meses

Retribución total

Seguridade Social a cargo da entidade

Total

Total

12. Persoal voluntario que colabora no programa.

Cualificación/experiencia

Número total

de persoas

Funcións

Número de horas dedicadas ao programa

13. Medios técnicos, indicando:

– Se se dispón dun centro propio para executar a actividade.

– Se poñen á disposición do usuario un servizo de trasporte mediante vehículo propio, sinalando a cantidade de persoas que fan uso deste servizo.

– Se realizan a actividade usando tecnoloxías e un programa de atención definido para a súa aplicación a distancia que permita a atención telemática ao/á usuario/a, detallando o procedemento e o persoal con que contan para esta tarefa.

14. Actividades do programa, especificando as persoas beneficiarias e as datas de realización segundo o modelo:

Actividade

Persoas beneficiarias (homes)

Persoas beneficiarias (mulleres)

Data inicio

Data fin

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

15. Indicadores definidos para a avaliación do programa, especificando o método empregado para medilos. Valorarase que midan, entre outros, aspectos relacionados co grao de satisfacción da persoa usuaria, congruencia, continuidade da intervención, repercusión do desenvolvemento do programa no colectivo destinatario, estimación das intervencións realizadas.

16. Avaliación do programa: descrición do proceso de calidade implementado no seu caso. Indicadores de avaliación e control. Valorarase que midan aspectos relacionados co grao de satisfacción da persoa usuaria, congruencia, continuidade da intervención, repercusión do desenvolvemento do programa no colectivo destinatario, estimación das intervencións realizadas, así como a descrición do método empregado para medilos.

17. Innovación: indicarase se o programa se dirixe a atender necesidades emerxentes non cubertas (que achegan solucións eficaces e adaptativas á evolución da enfermidade ou problemática dada) ou que incorporen novas tecnoloxías (que engadan calidade na atención co mesmo custo).

18. Cooperación con outros dispositivos ou entidades que atendan a poboación destinataria do programa: descrición da existencia de acordos, colaboracións temporais, derivación de persoas usuarias e actividades conxuntas con outros dispositivos ou entidades que atendan a poboación destinataria do programa.

19. Divulgación e publicidade. Actividades planificadas de divulgación e publicidade: indicarase o contido e tipo de difusión concretando as datas, o lugar de realización, o uso de redes sociais ou medios de comunicación.

20. Orzamento do programa (os gastos totais de persoal deben coincidir co total do punto 10).

Concepto

Solicitado Xunta de Galicia

Outras subvencións

Financiamento propio

Total

A. Gastos de persoal

b. Gastos correntes: especifíquense

c. Axudas de custo e gastos de viaxe

d. Xestión e administración

Total gastos

21. Subcontratacións previstas.

22. Descrición doutras axudas e colaboracións previstas.

ANEXO IV

Memoria de investimento dos programas da liña I

Achegarase un arquivo en formato pdf e asinado electronicamente coas seguintes características:

• Máximo de 20 páxinas.

• Marxes de 2 cm.

• Letra Arial, tamaño 11.

• Interliñado sinxelo.

• Paxinada.

Partes:

1. Identificación (nome) do centro e número de rexistro no RUEPPS.

2. Tipo de actuación para a que se solicita a subvención, de entre as seguintes:

– Proxectos de investimento para a realización de obras de reforma, restauración, rehabilitación ou gran reparación para a prestación de servizos de atención a persoas con trastornos mentais e adictivos.

– Proxectos de investimento para a realización de obras de conservación e mantemento de centros e servizos de atención a persoas con trastornos mentais e adictivos.

– A adquisición de subministracións, equipamento e vehículos que faciliten a prestación de servizos a persoas con trastornos mentais e adictivos.

3. Tipo de centro para o que se solicita a subvención, indicando se o investimento vai afectar:

– Centros ou servizos de atención destinados a dependencias administrativas de atención ao público ou de atención ás persoas usuarias de carácter non administrativo que non teñan a consideración de centros de intervención social ou espazos residenciais.

– Centros sanitarios que non sexan de carácter residencial.

– Centros sanitarios de carácter residencial (comunidades terapéuticas, minirresidencias e pisos protexidos).

4. Localización territorial do investimento.

Provincia/s

Localidade/s

5. Descrición das actuacións que se van realizar e calendario de realización.

Deben describirse as actuacións indicando as melloras asistenciais en que repercute o investimento indicando, no caso das obras, que programas se van desenvolver no centro en que se realiza o investimento e, no caso do equipamento, en que programas desenvoltos pola entidade vai ser empregado.

6. Incremento da capacidade de atención do centro tras a realización do investimento.

7. Melloras nas condicións de accesibilidade universal que, de ser o caso, supón o investimento, indicando se, ademais, implica unha mellora de accesibilidade sensorial e/ou cognitiva e na atención telemática e/ou domiciliaria.

8. Innovación e compromiso do proxecto co ambiente.

9. Orzamento do investimento.

Concepto

Solicitado Xunta de Galicia

Outras subvencións

Financiamento propio

Total

A. Gastos de investimento: especifíquense

Total gastos

10. Subcontratacións previstas.

11. Descrición doutras axudas e colaboracións previstas.

12. Sistemas de calidade.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX

Relación de documentos que hai que achegar xunto coa xustificación

1) Gastos correntes.

1.a) Gastos de persoal: deberá achegarse, xunto coas nóminas correspondentes e os seus xustificantes bancarios de pagamento:

– TC1: recibo de liquidación de cotizacións de cada mes do cal se imputen nóminas.

– TC2: relación nominal de persoas traballadoras de cada mes do cal se imputen nóminas.

– Xustificante de pagamento mensual da Seguridade Social e modelo 111 trimestral xunto cos seus xustificantes de pagamento, sen prexuízo do indicado no artigo 5.1.b).

No caso das pagas extraordinarias, poderase imputar a parte proporcional dos meses e horas imputadas desas nóminas ás actividades do programa.

1.b) Gastos de viaxe: deberán ir acompañados dunha certificación da persoa que exerza a presidencia, en que se especifique quen realizou a viaxe e a necesidade do desprazamento dentro dos fins do proxecto, así como achegar todos os recibos e billetes do medio empregado.

1.c) Gastos de alugamento: ademais da factura e o xustificante bancario de pagamento, deberá achegarse:

– Copia do contrato de alugueiro.

– Modelos 115 e 180 xunto co seu correspondente xustificante bancario de pagamento.

1.d) Gastos de arrendamento de servizos:

– Copia do contrato, en que deberán reflectirse a categoría profesional, o período de prestación de servizos e as horas de intervención no programa.

– Certificado da persoa representante legal da entidade en que aclare as razóns excepcionais polas que o programa non se pode desenvolver con persoal propio.

– Factura que inclúa:

Nome, apelidos e NIF da persoa traballadora, data e período de liquidación.

Retención por IRPF.

IVE aplicado, se procede.

– Impresos 111 e 190 de ingresos por retencións de IRPF e xustificante bancario de pagamento que debe mostrar en que data se fixo o cargo na conta.

– Copia do modelo 036 de declaración censual de alta.

1.e) Gastos derivados da realización de auditoría de contas:

– Contrato en que figuren os honorarios e horas estimadas.

– Factura e documento acreditativo de pagamentos.

1.f) Nos gastos derivados da calidade dos programas:

Se o proceso o efectúa persoal da propia entidade, os mesmos documentos exixidos para o persoal con contrato laboral. Imputaranse entón á partida de persoal.

Se o proceso o efectúa unha empresa:

– Contrato en que figuren horas estimadas e honorarios.

– Facturas e documentos acreditativos de pagamento.

1.g) Nos casos de subcontratación doutras empresas.

– Declaración responsable da persoa representante legal da entidade subcontratada de non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria de subvencións, segundo o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. Gastos de investimento.

O orzamento achegado nos casos de gastos inferiores a 40.000,00 €, nos supostos de execución de obras, ou a 15.000,00 € nos supostos de subministracións, equipamentos e vehículos, ou o orzamento escollido no caso de gastos por importes superiores aos sinalados, vinculará a entidade con respecto ao/á contratista no material e nas contías que figuren neste.

2.1) Gastos de obras.

– Contrato de execución de obra co/coa contratista.

– Modelo de declaración trimestral do ingreso do IVE soportado pola entidade respecto ás facturas ou certificacións de obra imputadas, de conformidade coa Lei 7/2012, do 29 de outubro, de modificación da normativa tributaria e orzamentaria e de adecuación á normativa financeira para a intensificación das actuacións na prevención e loita contra a fraude.

– Certificación de obra ou factura detallada, expedida pola empresa ou contratista que realizou a obra.

– Certificado final de obra do técnico e visado polo colexio profesional correspondente, referido ao ano de finalización da obra.

– Certificación expedida pola persoa representante da entidade subvencionada onde se faga constar a realización da obra.

2.2) Gastos de equipamentos, subministracións ou vehículos.

– Factura da empresa subministradora, con indicación das unidades subministradas, prezo unitario e importe total da adquisición realizada.

– Certificación da persoa representante da entidade subvencionada na que conste a recepción do adquirido e a súa conformidade.

Non se poderán achegar como xustificantes de gasto os albarás, notas de entrega nin facturas proforma.

ANEXO X

Memoria de actuación

Achegarase un arquivo por cada programa en formato pdf e asinado electronicamente coas seguintes características:

• Máximo de 25 páxinas.

• Marxes de 2 cm.

• Letra Arial, tamaño 11.

• Interliñado sinxelo.

Partes:

1. Denominación do programa.

2. Resumo do contido do programa.

3. Período de execución do programa.

4. Número de persoas beneficiarias directas do programa desagregado por sexos.

5. Actividades do programa, especificando as persoas beneficiarias e as datas de realización segundo o modelo:

Actividade

Persoas beneficiarias

Sexo

Data inicio

Data fin

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

--/--/----

6. Localización territorial do programa.

Provincia/s

Localidade/s

Persoas beneficiarias

Sexo

7. Estado de liquidación do programa, segundo o modelo.

Concepto

Xunta de Galicia

Outras subvencións

Financiamento propio

Total

A. Gastos de persoal

b. Gastos correntes: especifíquense

c. Axudas de custo e gastos de viaxe

d. Xestión e administración

Total gastos

8. Obxectivos previstos, cuantificados.

Obxectivo

Indicador

Resultado esperado

Resultado obtido

9. Resultados obtidos cuantificados e valorados.

10. Desviacións respecto ao programa inicial presentado.