DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 11 de xullo de 2025 Páx. 38823

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 4 de xullo de 2025 pola que se concede a Medalla Emilia Pardo Bazán para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes.

O Decreto 53/2019, do 23 de maio, polo que se crea e se regula a Medalla Emilia Pardo Bazán para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes, prevé a concesión, con carácter anual, de ata un máximo de tres condecoracións, baixo a denominación Medalla Emilia Pardo Bazán, coa finalidade de recoñecer publicamente as accións desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia por parte de persoas, colectivos, entidades ou institucións, tanto públicas como privadas, que teñan contribuído e destacado na defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.

O artigo 14 do dito Decreto 53/2019, do 23 de maio, prevé que a concesión da medalla se efectuará por orde da persoa titular da consellería con competencias en materia de igualdade, a quen lle corresponderá adoptar a decisión de outorgar a medalla ás persoas propostas pola Comisión de Valoración.

Tendo en conta a proposta efectuada pola Comisión de Valoración o día 3 de xullo de 2025 e o previsto no artigo antes indicado, mediante esta orde concédese a Medalla Emilia Pardo Bazán ás persoas e entidades que se indican a seguir.

Polo exposto,

RESOLVO:

Conceder a Medalla Emilia Pardo Bazán a:

– Manuela López Besteiro.

– María Teresa Portela Rivas.

– Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA)-Sistema VioXén.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade