DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 11 de xullo de 2025 Páx. 39036

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025 pola que se dá publicidade dun convenio de colaboración subscrito no mes de decembro de 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade do convenio subscrito pola Academia Galega de Seguridade Pública no mes de decembro do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 7 de xullo de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Convenio subscrito pola Agasp no mes de decembro de 2024

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e ás prazas de auxiliares de policía local entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello de Culleredo.

30.12.2024

Sen achega económica