DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 11 de xullo de 2025 Páx. 39034

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 14.04.324C.770.9 destinado ao financiamento das axudas establecidas na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR802L).

Mediante a Orde de 27 de decembro de 2024, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 28, do 11 de febreiro de 2025, establecéronse as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e procedeuse á súa convocatoria para a anualidade 2025.

A citada Orde do 27 de decembro de 2024 establece no seu artigo 16 que a concesión das subvencións se realizará en réxime de concorrencia non competitiva, nos termos previstos no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, segundo o cal as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Pola súa parte, o artigo 29 da mesma Orde do 27 de decembro de 2024 establece que no suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.

O día 15 de maio de 2025 publicouse no DOG núm. 92 a Resolución do 7 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai público o esgotamento do crédito da aplicación orzamentaria 14.04.324C.781.9 destinado ao financiamento das axudas establecidas na Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR802L). A dita resolución dispón o esgotamento do crédito na aplicación orzamentaria 14.04.324C.781.9, á cal se imputan os conceptos subvencionables establecidos nos números 1, 2, 4, 5, 6, 7 e 11 do artigo 6 das bases reguladoras para as entidades beneficiarias que non teñan fin de lucro, na data do 21 de febreiro de 2025 coa solicitude presentada ás 00.58 horas.

Unha vez esgotados os recursos económicos destinados ás axudas previstas na Orde do 27 de decembro de 2024, da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025, na aplicación orzamentaria 14.04.324C.770.9, á cal se imputan os conceptos subvencionables establecidos nos números 1, 2, 4, 5, 6, 7 e 11 do artigo 6 das bases reguladoras para as entidades privadas con fin de lucro,

DISPOÑO:

Primeiro. Facer público que o crédito orzamentario asignado ao financiamento das axudas recollidas na devandita Orde do 27 de decembro de 2024 quedou esgotado na aplicación orzamentaria 14.04.324C.770.9 na data do 25 de marzo de 2025 coa solicitude presentada ás 9.52 horas.

Segundo. Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2025

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social