Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira, pola Resolución do 28 de abril de 2025, á vista da proposta da comisión encargada de valorar os méritos alegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base IX da convocatoria, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),
RESOLVE:
Primeiro. Publicar as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta
Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, concretamente ata o 29 de xullo. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e deberá cubrirse e presentarse electronicamente, segundo o establecido na base IV da convocatoria (Tramitación electrónica) https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions
A reclamación deberá especificar a alínea ou alíneas da base III sobre as cales se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
