DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39503

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, no corpo de médicos forenses.

De conformidade co establecido no artigo 531 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e nos artigos 43 a 48 e 51 a 53 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, anúnciase concurso de traslados para a provisión de postos xenéricos vacantes que se citan no anexo I, para o Instituto de Medicina Legal de Galicia, entre o persoal funcionario do corpo de médicos forenses, de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto da convocatoria

A presente convocatoria ten por obxecto a provisión, por concurso de traslados, dos postos de traballo xenéricos vacantes incluídos nas relacións de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

En todo o non previsto concretamente na presente convocatoria, na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aplicarase o disposto na lexislación xeral sobre a función pública.

Segunda. Requisitos e condicións de participación

1. Poderá tomar parte neste concurso o persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo de médicos forenses, calquera que sexa o ámbito territorial en que estea destinado, que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que termine o prazo de presentación das solicitudes de participación e os manteña ata a resolución definitiva do concurso.

2. Só poderán tomar parte neste concurso os médicos forenses se na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes transcorreron dous anos desde que se adoptou a resolución pola que se convocou o concurso de traslados no cal se lles adxudicou destino definitivo, ou a resolución na cal se lles adxudicou destino definitivo, se se trata de funcionarios de novo ingreso.

Para o cómputo dos anos considerarase como primeiro ano o ano natural en que se adoptaron as resolucións de que se trate, con independencia da súa data, e como segundo ano, o ano natural seguinte.

O persoal funcionario que non teña destino definitivo está obrigado a participar nos concursos de acordo coa normativa vixente, estando excluído da dita limitación temporal.

3. Non poderán tomar parte neste concurso:

a) O persoal declarado suspenso en firme, mentres dure a suspensión.

b) Os médicos forenses en situación de excedencia voluntaria por interese particular ou por agrupación familiar, durante o período mínimo obrigatorio de permanencia na dita situación.

c) O persoal sancionado con traslado forzoso, ata que transcorran un ou tres anos, para destino na mesma localidade en que se lle impuxo a sanción, se se trata de falta grave ou moi grave, respectivamente

d) As persoas que, obtendo destino en anteriores concursos, non tomasen posesión do destino que lles foi adxudicado.

Terceira. Postos que se poden solicitar

1. As persoas participantes poderán solicitar os postos de traballo relacionados no anexo I.

Cada un dos postos identificarase por un número de orde.

2. Tamén se poderán solicitar os postos xenéricos que queden vacantes como consecuencia da resolución do presente concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas, salvo que se pretendan amortizar ante un proxecto de modificación das relacións de postos de traballo ou reordenación de efectivos dun centro de traballo, en que non se anunciará ningunha resulta correspondente ao corpo.

Cada unha das prazas para resultas identificarase cun número de orde.

Os postos de traballo solicitados (tanto do anexo I como as resultas) teñen que identificarse polo número de orde da convocatoria. Se se desexa solicitar varios postos dun mesmo centro de traballo, deberán indicarse os números de orde correspondentes a cada un dos ditos postos.

Co fin de que as posibles persoas solicitantes poidan exercer o dereito que se lles recoñece de solicitar as resultas producidas pola resolución do concurso, desde a data de publicación desta resolución e durante o período de presentación de solicitudes, expoñerase na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (conselleriadepresidencia.xunta.gal) a relación de postos de traballo que poden solicitarse con indicación do número de orde dos ditos postos.

3. Os médicos forenses participantes deberán asegurarse de que os números de orde de convocatoria que especifiquen na súa instancia corresponden aos publicados para este concurso, tanto no anexo I coma nas resultas, a fin de evitar que se indiquen outros códigos erroneamente xa que, transcorrido o prazo de presentación, non se admitirá ningunha modificación á solicitude formulada nin renuncia en caso de adxudicación.

4. Excepcionalmente poderá eliminarse algunha das prazas anunciadas como vacantes, no caso de que se producise de forma sobrevida algunha circunstancia que obrigase a iso.

Cuarta. Presentación de solicitudes e documentación

1. As solicitudes para tomar parte neste concurso deberán axustarse ao modelo publicado como anexo II desta resolución; deberanse cubrir todas as epígrafes que se exixan.

2. As solicitudes deberán presentarse no prazo dos dez días hábiles seguintes ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia simultaneamente e dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza de Galicia.

Se a dita simultaneidade non fose posible, os termos e prazos establecidos contaranse, en todo caso, a partir da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes presentaranse unicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A ou do Rexistro Electrónico da Administración xeral do Estado (https://reg.redsara.es), e será imprescindible a acreditación por medio de certificado electrónico (DNI-e ou certificado da FNMT), sen prexuízo do establecido nesta base.

No caso de que a persoa concursante non poida presentar a súa solicitude por este medio, poderá facelo con carácter excepcional, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas; neste caso deberá achegar documentación que acredite a imposibilidade técnica de realizar a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou do Rexistro Electrónico da Administración xeral do Estado.

Se non se achega a dita xustificación, a solicitude presentada en papel non será admitida.

3. Os funcionarios destinados en órganos das comunidades autónomas con competencias asumidas dirixirán a súa solicitude ao órgano correspondente da dita comunidade, e os destinados no ámbito competencia do Ministerio dirixirana ao Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes.

4. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada persoa funcionaria participante, aínda que se soliciten prazas radicadas no territorio das comunidades autónomas con competencias transferidas que, polo tanto, figuren nas convocatorias que simultaneamente a esta realicen os gobernos autónomos.

Se se presentase máis dunha solicitude de participación, só se terá en consideración a última.

5. Ningún participante poderá anular ou modificar a súa instancia unha vez terminado o prazo de presentación.

6. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias.

7. Unha vez recibida a solicitude, o órgano competente do último destino expedirá unha certificación orixinal actualizada dos servizos prestados no corpo de médicos forenses, tanto como persoal funcionario de carreira como funcionario interino, e desagregación dos períodos desde a data de inicio (día, mes, ano) ata a data final (día, mes, ano) e uniraa á instancia.

Así mesmo, o dito órgano de persoal consignará na cabeceira da instancia ou nunha folla anexa a puntuación por idioma e indicará se o funcionario leva no seu actual destino o período legalmente establecido no artigo 46 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e se está incurso nalgunha das situacións previstas no artigo 43.2 da dita norma.

Quinta. Peticións condicionadas

En caso de estaren interesadas nas vacantes que se anuncian para un mesmo municipio, partido xudicial ou provincia dúas persoas funcionarias, poderán condicionar a súa petición ao feito de que ambas obteñan destino no mesmo municipio, partido xudicial ou provincia; en caso contrario, entenderanse desistidas as peticións condicionadas efectuadas por ambas. O persoal funcionario que se acolla a esta petición condicionada deberá concretalo na súa instancia na alínea C, especificando o nome e apelidos e NIF da persoa con quen condiciona e acompañando fotocopia da solicitude da outra persoa. Se algunha da persoas concursantes non o indica na alínea C, quedarán anuladas ambas as instancias.

Polo feito de cubrir a alínea C da instancia enténdese que se acollen á petición condicionada prevista no artigo 48.2 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polol Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Sexta. Baremación do concurso

1. Os méritos alegados e acreditados valoraranse con referencia á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de participación.

2. Avaliaranse os méritos de conformidade co seguinte baremo:

A) Antigüidade, cun máximo de 60 puntos, a razón de 2 puntos por ano completo de servizos no corpo de médicos forenses. Os períodos inferiores ao ano computaranse proporcionalmente a razón de 0,00555556 por día, establecéndose os meses como de trinta días.

B) Coñecemento oral e escrito da lingua galega, cun máximo de 12 puntos. O coñecemento do devandito idioma valorarase da seguinte forma:

1) Certificado Celga 4 ou equivalente: 4 puntos.

2) Certificado do curso medio de linguaxe xurídica: 8 puntos.

3) Certificado do curso superior de linguaxe xurídica: 12 puntos.

Para valorar estes coñecementos deberase achegar certificado expedido conforme a normativa en vigor nesta comunidade.

3. O presente concurso constará dunha única fase na cal se valorarán os méritos enumerados nas alíneas A e B do baremo.

Sétima. Adxudicación de postos

A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos establecidos na base sexta desta convocatoria.

En caso de empate na puntuación total, incluído o idioma, acudirase para dirimilo á maior antigüidade no corpo de que se trate e, de persistir o empate, ao número de orde obtida no proceso selectivo de acceso ao devandito corpo, incluído o idioma ou dereito propios.

Oitava. Carácter dos destinos adxudicados

1. Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo e, en consecuencia, non xerarán dereito ao aboamento de indemnizacións por ningún concepto.

2. Os destinos serán irrenunciables, segundo o disposto no artigo 53 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Novena. Resolución do concurso

1. O presente concurso será resolto coordinadamente polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes e o órgano competente da comunidade autónoma convocante do concurso. O prazo para a resolución será de seis meses, contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

2. A resolución expresará o posto de orixe das persoas interesadas a quen se lles adxudique destino e a súa localidade, así como a súa situación administrativa, se esta é distinta á de activo, e o posto adxudicado a cada funcionario.

Décima. Recursos

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xudicial competente, de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado ou Diario Oficial de Galicia. Todo iso sen prexuízo da interposición do recurso potestativo de reposición, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Postos de traballo incluídos neste anexo I que se poden solicitar en aplicación do punto 1 da base terceira

Núm.

orde

Núm. de posto

Centro de traballo

Denominación

Localidade

Provincia

Vacantes

Resultas

Idioma

257

XG9251820036001305.00

Instituto de Medicina Legal.

Subdirección

Médico forense

(xeneralista)

Pontevedra

Pontevedra

1

S

264

XG9251820036560307.00

Instituto de Medicina Legal.

Subdirección

Médico forense

(xeneralista)

Vigo

Pontevedra

1

S

ANEXO II

Solicitude de participación no concurso de traslados para a provisión de postos xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia no corpo de médicos forenses

(Para cubrir polas comunidades autónomas)

Puntuación por idioma:

Leva no seu actual destino o período legalmente establecido no artigo 46 do R.D. 1451/2005?

Si: Non:

Está incurso/a en algunha das situacións previstas no artigo 43.2.a), b) ou c) do R.D. 1451/2005?

Si: Non: En caso afirmativo, indique cal: a), b) ou c):

(Para cubrir pola persoa interesada)

NIF:

PRIMEIRO APELIDO:

SEGUNDO APELIDO:

NOME:

DESTINO ACTUAL :

CORPO ACTUAL:

ENDEREZO DO POSTO DE TRABALLO OU DOMICILIO:

MÓBIL/FIXO:

Preferencias por Idioma: especifique unicamente o curso de nivel , perfil ou grao superior dos que se posúan, sinalando a), b) ou c) no recadro do ámbito da C. A. para a que participa, segundo o establecido na base sexta.2.B

C: Só peticións condicionadas. Se se acolle á base 5ª da convocatoria, debe especificar a continuación os apelidos, nome e o NIF do outro funcionario:

Ámbito C.A. do País Vasco

Ámbito C.A. Valenciana

Ámbito C.A. de Cataluña

Ámbito C.A. Foral de Navarra

Ámbito C.A. de Galicia

Ámbito C.A. das I. Baleares

SITUACIÓN ADMINISTRATIVA: sinale (X) no recadro que proceda:

Servizo activo Comisión de servizos: Si / Non Adscrición provisional: Si / Non

Indique o órgano onde se desempeñe a comisión de servizos:

Excedencia por coidado de familiares

Indique a data de pase á situación: Día _____/Mes_____/Ano ____/

Servizos especiais

Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público .

Exc. Vol. por interese particular

Indique a data de paso á situación: Día _____/Mes _____/Ano ____/

Exc. Vol. por agrupación familiar

Indique a data de paso á situación: Día _____/Mes _____/Ano ____/

Suspensión de funcións

Reingreso provisional

Reordenación de efectivos

MÉRITOS ALEGADOS PARA A VALORACIÓN E DOCUMENTOS QUE ACHEGA:

Núm. orde de preferencia

Núm. orde de convocatoria

Núm. orde de preferencia

Núm. orde de convocatoria

Núm. orde de preferencia

Núm. orde de convocatoria

Núm. orde de preferencia

Núm. orde de convocatoria

Núm. orde de preferencia

Núm. orde de convocatoria

1

21

41

61

81

2

22

42

62

82

3

23

43

63

83

4

24

44

64

84

5

25

45

65

85

6

26

46

66

86

7

27

47

67

87

8

28

48

68

88

9

29

49

69

89

10

30

50

70

90

11

31

51

71

91

12

32

52

72

92

13

33

53

73

93

14

34

54

74

94

15

35

55

75

95

16

36

56

76

96

17

37

57

77

97

18

38

58

78

98

19

39

59

79

99

20

40

60

80

100

En , de de 2025

Sinatura:

Dirección Xeral de Xustiza