DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 14 de xullo de 2025 Páx. 39515

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2025 pola que se modifica a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña.

No DOG núm. 123, do 30 de xuño de 2025, publicouse a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña.

En relación coa quenda promoción interna, advírtese que non se recollen as peculiaridades a que se refire o artigo 80.3 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, polo cal procede modificar as bases publicadas.

Por conseguinte, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia,

DISPÓN:

Modificar a Resolución do 24 de xuño de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de cociña, na súa base II.1.1.1. Primeiro exercicio:

Onde di:

«Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de noventa (90) preguntas tipo test, das que vinte e cinco (25) corresponderán á parte xeral do programa e sesenta e cinco (65) á parte específica do programa que figura no anexo I.

O dito exercicio disporá de cinco (5) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte xeral do programa e tres (3) á parte específica e que substituirán as preguntas anuladas pola súa orde».

Debe dicir:

«Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de noventa (90) preguntas tipo test, das que vinte e cinco (25) corresponderán á parte xeral do programa e sesenta e cinco (65) á parte específica do programa que figura no anexo I.

O dito exercicio disporá de cinco (5) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte xeral do programa e tres (3) á parte específica e que substituirán as preguntas anuladas pola súa orde.

As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar as preguntas da parte común do programa, polo que contestarán unicamente as sesenta e cinco (65) preguntas da parte específica e as correspondentes preguntas de reserva».

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal