DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 16 de xullo de 2025 Páx. 40120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Aranga (expediente IN407A 2022/235-1).

Expediente: IN407A 2022/235-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LMT, CT e RBT Milreu.

Concello: Aranga.

Feitos:

1. Con datas do 23.8.2022 e do 22.9.2023, a empresa promotora solicita a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de resolver as reclamacións por subtensións en subministración en consumos de baixa tensión na zona de afección do centro de transformación CT San Vicente Fervenzas (15C894, IN407A 2016/1764-1-RALI) de 100 kVA de potencia que actualmente está sobrecargado, alimentado pola liña de distribución de media tensión LMT SDG708 Couleiros-Fervenzas, 8 (expediente 15.796) no lugar de Milreu, concello de Aranga, proxéctase un novo centro de transformación de intemperie de 50 kVA de potencia, unha liña de media tensión aérea que o enlazará coa liña de distribución e unha saída de baixa tensión desde o centro de transformación proxectado que o conectará coa rede de baixa tensión da zona.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan a seguinte documentación:

• Proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Milreu, asinado o día 13.7.2022 por Sergio Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro técnico industrial, esp. Electricidade, número de colexiado 482 de Ourense.

• Anexo, asinado o 12.6.2024 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo.

• O día 19.6.2025 achegan nova relación de bens e dereitos afectados, por detectarse que para a parcela nº 4, apoio nº 65-3a, a afección de solo en pleno dominio sería de 2.0 m2.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 13.3.2023.

• BOP: 22.2.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 15.3.2023.

Con data do 20.2.2023 solicitouse ao Concello de Aranga a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.

Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Aranga, Deputación Provincial da Coruña e Augas de Galicia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 15.5.2025 emitiuse o informe técnico.

5. O 19.6.2025 a empresa promotora achega nova relación de bens e dereitos afectados.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Milreu, concello de Aranga, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTA a 15 kV, de 830 m, condutor tipo LA-56 Al, coa orixe no apoio nº AWY0PT0Q//65 existente tipo C-2000/14 da LMT SDG708 Couleiros-Fervenzas, 8 (expediente 15.796), procedente da subestación Sidegasa-Teixeiro, e remate no apoio nº 65-7-CT proxectado onde se instalará o apoio proxectado tipo C-2000/14.

– CT lugar de Milreu de intemperie, cunha potencia de 50 kVA, relación de transformación de 15.000/400-230 V.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 25 de xuño de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Aranga

LMT, CT e RBT Milreu

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT aérea-apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

1

Claudino Sánchez Sánchez

Polígono 10, parcela 212

Ribeira

24,83

390,61

Carballeira

2

Abelardo Calvo Sánchez

Polígono 10, parcela 486

Outeiro

65-1

2

155,87

2.510,31

Eucaliptos

65-2 (½)

1

3

Herdeiros de Luis Vázquez

Polígono 12, parcela 462

Outeiro

65-2 (½)

1

82,54

1.303,09

Eucaliptos

4

Descoñecido

Polígono 12, parcela 479

Codeso

65-3

2

10,82

108

Improdutivo

5

Fina Calvo Sánchez

Polígono 12, parcela 477

Codeso

26,35

604,74

Eucaliptos

6

Jesús Sánchez

Polígono 12, parcela 478

Leira de Abaixo

49,01

480

Prado

7

Claudino Sánchez Sánchez

Polígono 12, parcela 480

Medoñas de Abaixo

65-4

2

106,18

1.259

Carballeira

8

Celestina Sánchez Lata

Polígono 12, parcela 476

Cortiña

9,12

118

Prado

9

Descoñecido

Polígono 12, parcela 475

Agra de Silvaredonda

56,81

806,45

Monte alto

10

Claudino Sánchez Sánchez

Polígono 13, parcela 80

Mimo

65/5 (½)

1

96,34

931

Prado

11

Domingo Antonio Ribas Campos

Polígono 13, parcela 82

Chousa Barreiras

65-5 (½)

1

28,14

514,8

Eucaliptos

12

Claudino Sánchez Sánchez

Polígono 13, parcela 274

Terreo de Arriba

83,05

831

Prado

13

Descoñecido

Polígono 13, parcela 275

Mimo

16,45

Eucaliptos

14

Raimundo Calvo Sánchez

Polígono 13, parcela 276

Mimo

65-6 (½)

1

22,31

337,81

Eucaliptos

15

Descoñecido

Polígono 12, parcela 476

Sobre da Casa

65-6 (½)

1

66,5

1.065,07

Eucaliptos

65-7

2