Nº de expediente: IN407A 2022/367-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Regulamentación LAMT MEA-809 Espasante-Mañón 9 entre os apoios BDW6EPS1//D125-B-3 y BDVVFFAU//D125-B-6.
Concello: Ortigueira.
Feitos:
1. O día 8.11.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan a documentación que segue:
– Proxecto de execución denominado Regulamentación LAMT MEA809 Espasante-Mañón 9 entre os apoios BDW6EPS1//D125-B-3 e BDVVFFAU//D125-B-6, asinado o 7.3.2022 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado LE-1010.
– Anexo proxecto, asinado o 9.9.2022 por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, nº colexiado 15.670 de Madrid.
– Contestacións aos requirimentos (9.6.09 08.54.30 e 9.6.09 08.55.12), asinados o 9.6.2025 por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, nº de colexiado 1534 de Galicia.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
– DOG: 20.4.2023.
– BOP: 31.3.2023.
– Xornal La Voz de Galicia: 14.3.2023.
– Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 8.6.2023.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Adif, Telefónica, Patrimonio Cultural e Concello de Ortigueira. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 17.6.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no concello de Ortigueira e as súas características técnicas son as seguintes:
Desconexión e desmontaxe do CT tipo caseta obra civil Viso (expedientes 5.365 e IN407A 2016/2631-1/matrícula 15CV73) de 100 kVA de potencia e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, sito no lugar de Figueiras (concello de Ortigueira).
En substitución do CT Viso tipo caseta obra civil, proxéctase un centro de transformación tipo intemperie, de 100 kVA de potencia e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas, interruptor con relé de imaxe térmica e cadro de baixa tensión (CBT), que se situará no novo apoio identificado como nº D125-B-5-CT metálico tipo FL-C-2000/12-H35-CA(CS), por instalar preto da localización actual da caseta do CT Viso por desmantelar.
Substitución, respectando a súa localización actual, do apoio de formigón nº D125-B-4 (matrícula BDWBMT92) polo novo apoio metálico tipo AM-AG-C-2000/14-H35-CA, en que se proxecta a instalación dos elementos tipo XS, de manobra do novo CT proxectado.
As anteriores operacións implicarán un lixeiro cambio da traza da liña MEA-809 entre os seus apoios nº D125-B-3 (matrícula BDW6EPS1) e nº D125-B-6 (matrícula BDVVFFAU) existentes pola implantación do novo apoio nº D125-B-5-CT, de tal xeito que se retirará o treito de 149 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56 existente que será substituído polo novo treito de 152 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56.
4. Do visto na visita realizada o 18.10.2024 non se encontra ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 25 de xuño de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Nº de expediente: IN407A 2022/367-1.
Concello de Ortigueira.
|
Parcela proxecto |
Propietaria/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza |
|
|
Lonxitude |
Superficie (m2) |
|||||
|
1 |
Dolores Carmen Porben Macillera |
Polígono 12, parcela 1141 |
Capelos |
14,82 |
237,17 |
Eucaliptal |
|
3 |
María del Carmen Piñón Villar |
Polígono 12, parcela 143 |
Capelos |
5,71 |
98,44 |
Eucaliptal |
|
9 |
María Carmen Generosa Guerrero |
Polígono 12, parcela 1161 |
Castro |
32,44 |
317,32 |
Prado ou pradaría |
