III. Outras disposicións
Consellería do Mar
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivo do consumo de peixe e marisco frescos nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Peixe en peixarías, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento PE113H) (Diario Oficial de Galicia número 131, do 10 de xullo).
Advertido un erro na devandita disposición, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 131, do xoves 10 de xullo de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 38617, despois do parágrafo:
«647.4. Comercio retallista de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas, en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas sexa igual ou superior a 400 metros cadrados».
Débese engadir un novo parágrafo:
«661.1. Comercio menor grandes almacéns».