DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 23 de xullo de 2025 Páx. 41205

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2025.

De conformidade co establecido no artigo 12 da Orde do 12 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2025 e de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación das axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas convocadas para o ano 2025, aos solicitantes que se relacionan no anexo I.

Segundo. Desestimar as solicitudes de subvención relacionadas no anexo II para as accións sinaladas en aplicación da concorrencia competitiva e por esgotamento de crédito.

Terceiro. Desestimar as solicitudes de axuda para a acción 2.1.4, relacionadas no anexo III, concretamente para a renovación de cera, por seren persoas beneficiarias desta acción e para este concepto en 2023, en aplicación do recollido no artigo 11 do Regulamento 126/2022 da Comisión, do 7 de decembro de 2021, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo aos requisitos adicionais para determinados tipos de intervención especificados polos Estados membros nos seus plans estratéxicos da PAC para o período 2023-2027, en virtude do devandito regulamento, e ás normas sobre a proporción relativa á norma 1 das boas condicións agrarias e ambientais (BCAM), por ser considerada a renovación de cera como un investimento que debe ter unha durabilidade mínima de tres anos e co obxecto de garantir que non se está substituíndo por un activo igual financiado anteriormente.

Cuarto. Desestimar a solicitude de axuda relacionada no anexo IV por incumprimento do recollido no número 1.a).2º do artigo 4: «Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual».

Quinto. Desestimar a solicitude de axuda relacionadas no anexo V por incumprimento do recollido no número 1.g) do artigo 6: «Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar» para a acción 2.1.5.2.

Sexto. Informar dos seguintes aspectos:

1. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 12 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

2. Aplicación orzamentaria: 15.04.713E.770.2 e crédito orzamentario: 1.481.539 €. A dotación orzamentaria da orde de que derivan estas axudas procede dos fondos Feaga da Unión Europea (740.769 €), dos orzamentos xerais do Estado (370.385 €) e dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia (370.385 €).

3. Obxecto: establecer as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, no marco da Intervención sectorial apícola recollida no Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

4. Réxime das axudas:

Estas axudas outórganse ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, recolle no seu artigo 55 os tipos de intervencións que se realizarán no sector apícola e a axuda financeira da Unión para esta intervención, destinada á elaboración de programas nacionais para mellorar as condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, que quedarán condicionadas polo establecido na normativa comunitaria sobre esta materia.

O procedemento de concesión destas axudas tramitouse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Destinatarios:

a) As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, con exclusión das administracións ou entidades do sector público.

b) As agrupacións de apicultores/as, na medida en que as súas persoas socias ou persoas asociadas beneficiarias das axudas cumpran cos requisitos establecidos na letra a) do número 1 do artigo 4 da orde de convocatoria.

6. Xustificación:

A data límite para a presentación das xustificacións técnicas e económicas da realización do programa será o 15 de agosto de 2025. O pagamento tramitarase logo de xustificación da execución do proxecto no prazo sinalado e, para tal efecto, o beneficiario deberá presentar a documentación requirida na orde de axudas.

7. Recursos:

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Tamén se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2025

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Persoas beneficiarias e importe concedido:

Nº de expediente

Nome/razón social

NIF

Total

API-2025-32-0001

Aroamel, T.C.

***7427**

2.921,82 €

API-2025-27-0005

Gosto Productores, S.L.

***4318**

7.732,80 €

API-2025-27-0006

Pazo de Lusío, S.L.

***9909**

22.470,66 €

API-2025-27-0007

Mieles Anta, S.L.

***3516**

41.692,80 €

API-2025-32-0008

Raquel Rodríguez Martínez

***7033**

68,04 €

API-2025-32-0009

Flora Fernández Fernández

***2851**

90,72 €

API-2025-32-0010

Manuel Murias Fernández

***0076**

65,00 €

API-2025-32-0011

Susana Vega Domínguez

***7027**

95,40 €

API-2025-15-0012

Asociación Galega de Apicultura (AGA)

***0772**

426.050,99 €

API-2025-15-0013

Asociación Casa do Mel

***2438**

61.186,69 €

API-2025-32-0014

Apiben, S.C.

***4296**

14.496,22 €

API-2025-27-0015

Catalina Ruiz Cabrera

***6618**

8.928,18 €

API-2025-32-0016

José Valencia Rodríguez

***9115**

11.637,20 €

API-2025-32-0017

Asociación Apícola Abellas Nais

***4674**

146.206,04 €

API-2025-27-0018

Cauru, Sociedade Cooperativa Galega

***2796**

10.794,70 €

API-2025-15-0019

Apia Natura, S.L.

***9088**

663,11 €

API-2025-15-0020

Apícola del Noroeste, S.L.

***9409**

400,00 €

API-2025-15-0021

Elías Seoane Corral

***0638**

1.133,10 €

API-2025-32-0022

Benigno Basteiro Rodríguez

***2292**

10.930,06 €

API-2025-32-0023

Agrup. Desenvolvemento e Formación do Sector Apícola Galego

***2524**

395.635,01 €

API-2025-27-0024

Asoc. Prov. Lucense de Apicultura de Lugo

***0222**

216.491,30 €

API-2025-32-0025

Asoc. Galega de Apicultores Profesionais

***4962**

86.935,16 €

API-2025-32-0026

Asoc. Agrogandeira Apícola e Forestal de Bande

***4901**

14.914,00 €

ANEXO II

Solicitudes de axuda denegadas para as seguintes accións en aplicación da concorrencia competitiva e por esgotamento de crédito:

Nº de expediente

Nome/razón social

NIF

Accións denegadas

API-2025-32-0001

Aroamel, T.C.

***7427**

2.1.5.1, 2.1.5.2, 2.5.1, 2.5.4

API-2025-32-0002

Manuel Rodríguez González

***1218**

2.5.4

API-2025-27-0005

Gosto Productores, S.L.

***4318**

2.1.5.1, 2.5.4

API-2025-27-0006

Pazo de Lusío, S.L.

***9909**

2.1.5.1, 2.5.4

API-2025-27-0007

Mieles Anta, S.L.

***3516**

2.1.5.1, 2.5.4

API-2025-15-0012

Asociación Galega de Apicultura (AGA)

***0772**

1.2,1.3, 2.1.5.1, 2.1.5.2, 2.1.8, 2.5.4, 3.1

API-2025-15-0013

Asociación Casa do Mel

***2438**

2.1.5.1, 2.1.5.2

API-2025-32-0014

Apiben, S.C.

***4296**

2.5.4

API-2025-27-0015

Catalina Ruiz Cabrera

***6618**

2.5.4

API-2025-32-0016

José Valencia Rodríguez

***9115**

2.1.5.1, 2.1.5.2, 2.5.4

API-2025-27-0018

Cauru, Sociedade Cooperativa Galega

***2796**

2.5.4

API-2025-32-0022

Benigno Basteiro Rodríguez

***2292**

2.5.4

API-2025-32-0023

Agrup. Desenvolvemento e Formación do Sector Apícola Galego

***2524**

2.1.5.1, 2.1.5.2, 2.5.4

API-2025-27-0024

Asoc. Prov. Lucense de Apicultura de Lugo

***0222**0

2.1.5.1, 2.1.5.2, 2.5.4

ANEXO III

Solicitudes de axuda denegadas para a acción 2.1.4, concretamente para a renovación de cera, por seren persoas beneficiarias desta acción e para este concepto en 2023, en aplicación do recollido no artigo 11 do Regulamento 126/2022 da Comisión, do 7 de decembro de 2021, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no relativo aos requisitos adicionais para determinados tipos de intervención especificados polos Estados membros nos seus plans estratéxicos da PAC para o período 2023-2027, en virtude do devandito regulamento, e ás normas sobre a proporción relativa á norma 1 das boas condicións agrarias e ambientais (BCAM).

Nº de expediente

Nome/razón social

NIF

Acción 2.1.4. Renovación de cera

API-2025-15-0012

Asociación Galega de Apicultura (AGA)

***0772**

Beneficiarios do ano 2023

API-2025-15-0013

Asociación Casa do Mel

***2438**

Beneficiarios do ano 2023

API-2025-27-0015

Catalina Ruiz Cabrera

***6618**

Beneficiarios do ano 2023

API-2025-32-0016

José Valencia Rodríguez

***9115**

Beneficiarios do ano 2023

API-2025-32-0017

Asociación Apícola Abellas Nais

***4674**

Beneficiarios do ano 2023

API-2025-32-0023

Agrup. Desenvolvemento e Formación do Sector Apícola Galego

***2524**

Beneficiarios do ano 2023

API-2025-27-0024

Asoc. Prov. Lucense de Apicultura de Lugo

***0222**

Beneficiarios do ano 2023

API-2025-32-0025

Asoc. Galega de Apicultores Profesionales

***4962**

Beneficiarios do ano 2023

ANEXO IV

Solicitude de axuda denegada por incumprimento do recollido no número 1.a).2º do artigo 4: «Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual»:

Nº de expediente

Nome/razón social

NIF

Accións denegadas por incumprimento de requisitos

API-2025-27-0004

Fidel Lobeiras Pumares

***4832**

2.1.1, 2.1.4, 2.1.5.1

ANEXO V

Solicitude de axuda denegada por incumprimento do recollido no número 1.g) do artigo 6: «Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar» para a acción 2.1.5.2.

Nº de expediente

Nome/razón social

NIF

Accións denegadas

API-2025-27-0003

Óscar Prieto Sanmartín

***1773**

2.1.5.2