DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 23 de xullo de 2025 Páx. 41180

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se dá publicidade á resolución de autorización de uso dos locais solicitados no procedemento con código PR701B, ao abeiro da Orde do 8 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 89, do 12 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais destinados para tal fin no edificio da rúa Gregorio Hernández, na esquina coa avenida Peruleiro do concello da Coruña, denominado Espazo Amizar (código de procedemento PR701B).

Logo da sesión que tivo lugar o día 3 de xullo de 2025, da Comisión de Valoración recollida no artigo 10.3 da Orde do 8 de maio de 2025 (DOG núm. 89, do 12 de maio), pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais, culturais ou sanitarios, dos locais destinados para tal fin no edificio da rúa Gregorio Hernández, na esquina coa avenida Peruleiro do concello da Coruña, denominado Espazo Amizar (código de procedemento PR701B).

Consonte o recollido no artigo 10.4 da dita orde, vista a proposta de resolución elaborada polo órgano instrutor do procedemento, o 9 de xullo de 2025, resolveuse a autorización do uso dos locais. Por tanto,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade ás resolucións do 9 de xullo de 2025 polas que:

– Se desestiman as solicitudes feitas polas entidades Comité Cidadán Antisida da Coruña, Fundación Mujeres e a solicitude conxunta presentada pola Asociación Parkinson Galicia-Coruña e Asociación SenValos, por non cumpriren cos requisitos que establece o artigo 4 da orde de convocatoria para poderen ser beneficiarias.

– Dáse por desistida a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, segundo o escrito presentado pola entidade o 26 de xuño.

– Adxudícanse as autorizacións de uso de locais ás beneficiarias que constan no anexo II da presente resolución.

Segundo. Publicar no anexo I a puntuación obtida polas solicitantes logo da valoración feita pola comisión.

Terceiro. Publicar no anexo II a relación de solicitantes aos cales se adxudica a autorización de uso de locais, por orde de puntuacións, consonte o recollido no artigo 12.2 da orde de convocatoria. Estes acadaron a valoración suficiente ata o esgotamento dos locais dispoñibles, tal e como establece o artigo 2.2 da orde da convocatoria.

Tanto as solicitantes que resultaron adxudicatarias, como aquela que desestiu e aquelas cuxa solicitude foi desestimada, de conformidade cos artigos 12.3 e 13 da orde da convocatoria, o 9 de xullo de 2025 foilles posta á súa disposición a notificación da resolución na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Cuarto. As resolucións do 9 de xullo de 2025 esgotan a vía administrativa e contra elas poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda ou, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 17 de xullo de 2025

María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento PR701B

Puntuación obtida polas solicitantes logo da valoración feita pola comisión

11.1

11.2

11.3

11.4

11.5

11.6

11.7

11.8

11.9

11.10

Total

PR701B/2025/1 Alar Galicia Proxectos Inserción

0

20

4

2

9

5

4

5

49

PR701B 2025/2 Asociación Fibrose Quística

9

32

4

3

6

5

4

5

68

PR701B 2025/3 Asociación Galega de Lupus

14

38

6

3

6

5

4

5

81

PR701B 2025/4 Acción Solidaria Galicia

14

38

6

3

6

5

4

5

81

PR701B 2025/5 Fundación Salma

9

30

6

3

9

5

4

66

PR701B/2025/6 Fundación Abrente 75 %

9

38

6

3

6

5

4

5

7

81,25

Club Deportivo Enki 25 %

9

38

4

3

6

5

4

PR701B/2025/7 Fundación Ingada 85 %

9

38

9

3

6

5

4

7

76,95

Asociación Xuvenil Atlántica 15 %

9

20

6

3

4

5

PR701B/2025/8 Agaela, Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

14

38

6

3

6

5

5

77

PR701B/2025/9 Liga Reumatolóxica Galega de Loita contra o Reumatismo

9

38

6

3

6

5

5

72

PR710A/2025/10 Asociación de Colaboración y Promoción del Sordo

9

38

9

3

9

5

4

5

82

PR710B/2025/11 Asociación Alma Apoio á Lactanción Materna

0

20

6

3

4

5

4

42

PR710B/2025/12 Círculo de Mediación de Galicia, Cimega

9

28

6

3

4

5

55

PR701B/2025/13 AFACO, Asociación Familiares Enfermos de Alzhéimer y Demencias Afines A Coruña

9

38

9

3

9

5

4

5

5

87

PR701B/2025/15 Asociación de Familias de Acollida, Acougo

9

30

6

3

9

5

4

5

71

ANEXO II

Procedemento PR701B

Relación de solicitantes ás cales se adxudica a autorización de uso de locais, por orde de puntuacións

Nome da asociación

Puntos

Local

Afaco, Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer y Demencias Afines de A Coruña

87

B 41 m2

Asociacion de Colaboracion y Promoción del Sordo

82

B 41 m2

Fundacion Abrente 75 %

Club Deportivo Enki 25 %

81,25

B 41 m2

Asociación Galega de Lupus

81

A 31 m2

Asociación Acción Solidaria Galicia (Asdegal)

81

A 31 m2

Agaela, Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica

77

A 31 m2

Fundación Ingada 85 %

Asociación Xuvenil Atlántica 15 %

76,95

A 31 m2

Liga Reumatolóxica Galega de Loita contra Reumatismo

72

A 31 m2

Asociación de Familias de Acollida Acougo

71

A 31 m2

Asociación Galega de Fibrose Quística

68

A 31 m2

Fundación Salma

66

A 31 m2

Círculo de Mediación de Galicia, Cimega

55

C 20 m2