DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 23 de xullo de 2025 Páx. 41183

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 11 de xullo de 2025 de selección da entidade prestadora de servizos sociais para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución do servizo de xestión do punto de encontro familiar de Ribeira, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva (código de procedemento BS213X).

No Diario Oficial de Galicia número 80, do 28 de abril de 2025, publícase a Resolución do 10 de abril de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, da xestión dun servizo de punto de encontro familiar en Ribeira, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva (código de procedemento BS213X).

O número 6 da cláusula M) do anexo I da dita Resolución do 10 de abril de 2025, establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Unha vez instruído o procedemento de asignación do concerto de conformidade coas bases de selección da convocatoria, realizada a valoración segundo os criterios de selección e preferencia, e formulada a proposta de adxudicación, con data do 11 de xullo de 2025 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 11 de xullo de 2025 ditada no procedemento BS213X de selección da entidade prestadora de servizos sociais para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución do servizo de xestión do punto de encontro familiar de Ribeira, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva, que se xunta como anexo á presente resolución.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada para cada lote.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 11 de xullo de 2025 de selección da entidade prestadora de servizos sociais para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución do servizo de xestión do punto de encontro familiar de Ribeira, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva (código de procedemento BS213X)

A través da Resolución do 10 de abril de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, apróbase e publícase a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección da entidade encargada da prestación do servizo de xestión do punto de encontro familiar de Ribeira, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva (código de procedemento BS213X).

As entidades presentadas son as seguintes:

Entidade solicitante

NIF

Data presentación

Fundación Meniños

G15551120

27.5.2025

Asociación Centro Trama

G80054760

28.5.2025

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

28.5.2025

Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.

A79022299

28.5.2025

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a xestión dun servizo de punto de encontro familiar en Ribeira, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva, á entidade que obtén a maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 10 de abril de 2025.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao concerto:

Entidade

NIF

Total puntuación

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

77,50 puntos

Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.

A79022299

71,75 puntos

Fundación Meniños

G15551120

70,25 puntos

Asociación Centro Trama

G80054760

68,50 puntos

Segundo. Adxudicar a xestión do servizo de punto de encontro familiar en Ribeira, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva, do xeito que se indica e polo importe que se sinala, á seguinte entidade:

NIF

Entidade

G27473677

Fundación Educativa e Social Dignidade

Código de procedemento: BS213X.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 28.4.2025.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30.6.2029.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Distribución de anualidades

Anualidade

Importe

2025 (5 meses)

51.314,20 €

2026

130.140,98 €

2027

140.045,02 €

2028

147.003,71 €

2029 (6 meses)

76.092,16 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes aos da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (anexo I, letra J) da Resolución do 15.7.2024). Jacobo Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.