DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 23 de xullo de 2025 Páx. 41187

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 11 de xullo de 2025 pola que se seleccionan as entidades prestadoras de servizos sociais para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da prestación do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra (código de procedemento BS213V).

No Diario Oficial de Galicia número 70, do 10 de abril de 2025, publícase a Resolución do 31 de marzo de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a prestación do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra (código de procedemento BS213V).

O número 6 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 31 de marzo de 2025 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Unha vez instruído o procedemento de asignación do concerto de conformidade coas bases de selección da convocatoria, realizada a valoración segundo os criterios de selección e preferencia, e formulada a proposta de adxudicación, con data do 11 de xullo de 2025 o órgano competente emite a resolución que pon fin ao procedemento.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do contido íntegro da Resolución do 11 de xullo de 2025, ditada no procedemento BS213V, de selección de entidades prestadoras de servizos sociais para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da prestación do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada para cada lote.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos trinta (30) días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen se ter efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 11 de xullo de 2025 pola que se seleccionan as entidades prestadoras de servizos sociais para a concertación, mediante procedemento
de asignación de concerto social, da prestación do servizo de xestión
dos puntos de encontro familiar de Santiago de Compostela,
Lugo e Pontevedra (código de procedemento BS213V)

A través da Resolución do 31 de marzo de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, apróbase e publícase a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidades encargadas da prestación do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra (código de procedemento BS213V).

As entidades presentadas segundo os lotes son as seguintes:

Entidade solicitante

NIF

Data de

presentación

Lote a que se presenta

Asociación Centro Trama

G80054760

8.5.2025

Lote 1. Punto de encontro familiar de Santiago de Compostela

Lote 2. Punto de encontro familiar de Lugo

Lote 3. Punto de encontro familiar de Pontevedra

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

G73038457

9.5.2025

Lote 1. Punto de encontro familiar de Santiago de Compostela

Fundación Meniños

G15551120

12.5.2025

Lote 3. Punto de encontro familiar de Pontevedra

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

12.5.2025

Lote 1. Punto de encontro familiar de Santiago de Compostela

Lote 2. Punto de encontro familiar de Lugo

Lote 3. Punto de encontro familiar de Pontevedra

Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.

A79022299

12.5.2025

Lote 1. Punto de encontro familiar de Santiago de Compostela

Lote 2. Punto de encontro familiar de Lugo

Lote 3. Punto de encontro familiar de Pontevedra

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar, para levar a cabo a execución do lote 1, xestión do punto de encontro familiar de Santiago de Compostela, a entidade que obtén maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 31 de marzo de 2025.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao lote 1 do concerto:

Entidade

NIF

Total puntuación

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

G73038457

79,5 puntos

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

77 puntos

Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.

A79022299

75,5 puntos

Asociación Centro Trama

G80054760

73,5 puntos

Segundo. Seleccionar, para levar a cabo a execución do lote 2, xestión do punto de encontro familiar de Lugo, a entidade que obtén maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 31 de marzo de 2025.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao lote 2 do concerto:

Entidade

NIF

Total puntuación

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

77 puntos

Asociación Centro Trama

G80054760

76 puntos

Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.

A79022299

75,5 puntos

Terceiro. Seleccionar, para levar a cabo a execución do lote 3, punto de encontro familiar de Pontevedra, a entidade que obtén maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 31 de marzo de 2025.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao lote 3 do concerto:

Entidade

NIF

Total puntuación

Fundación Educativa e Social Dignidade

G27473677

77 puntos

Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A.

A79022299

75,5 puntos

Asociación Centro Trama

G80054760

75 puntos

Fundación Meniños

G15551120

69,75 puntos

Cuarto. Adxudicarlle o lote 1 do concerto social, xestión do punto de encontro familiar de Santiago de Compostela, do xeito que se indica e polo importe que se sinala, á seguinte entidade:

NIF

Entidade

G73038457

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

Código de procedemento: BS213V.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 10.4.2025.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30.6.2029.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Distribución de anualidades

Anualidade

Importe

2025 (5 meses)

99.490,65 €

2026

250.452,11 €

2027

269.682,65 €

2028

282.013,63 €

2029 (6 meses)

146.836,97 €

Quinto. Adxudicarlle o lote 2 do concerto social, xestión do punto de encontro familiar de Lugo, do xeito que se indica e polo importe que se sinala, á seguinte entidade:

NIF

Entidade

G27473677

Fundación Educativa e Social Dignidade

Código de procedemento: BS213V.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 10.4.2025.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30.6.2029.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Distribución de anualidades

Anualidade

Importe

2025 (5 meses)

83.948,85 €

2026

208.904,84 €

2027

225.423,71 €

2028

235.266,11 €

2029 (6 meses)

121.870,09 €

Sexto. Adxudicarlle o lote 3 do concerto social, xestión do punto de encontro familiar de Pontevedra, do xeito que se indica e polo importe que se sinala, á seguinte entidade:

NIF

Entidade

G27473677

Fundación Educativa e Social Dignidade

Código de procedemento: BS213V.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 10.4.2025.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 30.6.2029.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Distribución de anualidades

Anualidade

Importe

2025 (5 meses)

82.410,55 €

2026

205.084,04 €

2027

221.178,33 €

2028

231.020,73 €

2029 (6 meses)

119.959,69 €

Sétimo. Asinar o concerto social para cada un dos lotes coa entidade seleccionada dentro dos trinta (30) días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Noveno. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (anexo I, letra J), da Resolución do 15.7.2024). Jacobo Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.