DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41336

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade á modificación da composición do Consello Técnico de Seguimento e Mellora da Calidade no Control Oficial en Saúde Pública, realizada mediante o Acordo do 15 de xullo de 2025.

O artigo 4.2 da Orde do 7 de decembro de 2022 pola que se crea e regula o Consello Técnico de Seguimento e Mellora da Calidade no Control Oficial en Saúde Pública, e se establecen a súa composición, organización e funcionamento, prevé que «as persoas que ocupen a Secretaría e as vogalías do Consello Técnico serán nomeadas e destituídas pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade por proposta da persoa titular da dirección xeral con competencia en materia de control oficial en saúde pública. Os nomeamentos realizaranse por un período de tres anos, prorrogable de maneira sucesiva ao finalizar cada trienio».

O artigo 7 da mesma orde cita as causas de cesamento e substitución dos membros do Consello Técnico.

Desde a última reunión do Consello producíronse baixas por xubilación, creación de órganos e unidades novas, cambios de posto de traballo e novas incorporacións nas xefaturas de servizo implicadas na designación das vogalías correspondentes.

Polo tanto, cómpre realizar os cesamentos e nomeamentos correspondentes, co fin de adaptar a composición á estrutura actual da Consellería de Sanidade, do xeito previsto na norma de creación do Consello Técnico.

Con data do 7 de xullo de 2025, a directora xeral de Saúde Pública formula a correspondente proposta de nomeamentos e cesamentos.

Mediante a Resolución do conselleiro de Sanidade, do 15 de xullo de 2025, dispúxose a realización dos correspondentes nomeamentos e cesamentos, así como a procedencia de facelos públicos e a composición deste órgano queda tal como se recolle no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2025

Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Composición actualizada do Consello Técnico de Seguimento e Mellora
da Calidade no Control Oficial en Saúde Pública

– Secretaría:

Titular: Elvira Íñiguez Pichel, xefa do Servizo de Calidade en Saúde Pública.

Suplente: Consuelo López Moinelo, xefa de sección do Servizo de Calidade en Saúde Pública

– Vogalías:

Titular

Suplente

Mª Jesús Rúa Moure

Subdirectora xeral de Réxime Xurídico e Administrativo da Secretaría Xeral Técnica

Alberto José Pardo Silva

Técnico do Servizo Técnico-Xurídico I da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo da Secretaría Xeral Técnica

Mónica Conde Pájaro

Xefa do Servizo de Xestión Organizativa da Dirección Xeral de Saúde Pública

Marta Barca Ramos

Técnica do Servizo de Xestión Organizativa da Dirección Xeral de Saúde Pública

José Ángel Viñuela Rodríguez

Xefe do Servizo de Seguridade Alimentaria da Dirección Xeral de Saúde Pública

Montserrat Vidal Álvarez

Técnica do Servizo de Seguridade Alimentaria da Dirección Xeral de Saúde Pública

Silvia Suárez Luque

Xefa do Servizo de Saúde Ambiental da Dirección Xeral de Saúde Pública

Paula Sánchez García

Técnica do Servizo de Saúde Ambiental da Dirección Xeral de Saúde Pública

Marta Gil Pérez

Xefa do Servizo de Xestión da Dirección Territorial da Coruña

Mª Cristina Pérez Fernández

Directora territorial da Coruña

José Antonio Ruiz de Valbuena Bueno

Xefe do Servizo de Riscos Ambientais da Dirección Territorial de Lugo

Mª Begoña Seco Varela

Directora territorial de Lugo

José Martínez Grande

Xefe do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Dirección Territorial de Ourense

Laura López del Castillo

Directora territorial de Ourense

Natalia Botana Rey

Directora territorial de Pontevedra

Rubén Gómez Leiras

Xefe do Servizo de Control de Riscos Ambientais da Dirección Territorial de Pontevedra