DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41338

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se inscribe a Asociación Xuntos en Camiño no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

A Asociación Xuntos en Camiño presentou unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 8 de xullo de 2025.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito:

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

– Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

– Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

– Decreto 146/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O artigo 23 do Decreto 45/2001, regula que «para a súa inscrición no rexistro, as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste».

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emitiu un informe o día 11 de xullo de 2025 sobre a solicitude no cal se constata que a Asociación Xuntos en Camiño persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro.

De acordo co indicado,

RESOLVO:

Que a Asociación Xuntos en Camiño sexa inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 239.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante esta Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025

Ángel Miramontes Carballada
Director xeral de Patrimonio Cultural