DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de setembro de 2024, polo que se outorga a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coto Frío, sito nos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense), e promovido por Coto Frío, S.L. (expediente IN661A DXIEM-03/11).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de setembro de 2024, polo que se outorga a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coto Frío, sito nos concellos de Dozón (Pontevedra) Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto Frío, S.L. (expediente IN661A DXIEM-03/11).

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024

Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de setembro de 2024, polo que se outorga a modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Coto Frío, sito nos concellos de Dozón (Pontevedra) Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto Frío, S.L. (expediente IN661A DXIEM-03/11)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Coto Frío, S.L., en relación coa modificación da declaración de utilidade pública así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais do parque eólico Coto Frío, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Pola Resolución do 22 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático), fíxose público o Acordo do Consello da Xunta, do 3 de agosto de 2017, polo que se outorgaron a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e declarouse a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cun dereito mineiro do parque eólico Coto Frío, sito nos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido pola sociedade Coto Frío, S.L. (IN661A DXIEM-03/11).

Segundo. Pola Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (actualmente Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático), declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Coto Frío (expediente IN661A DXIEM-03/11), promovido por Coto Frío, S.L., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Terceiro. O 17 de xuño de 2022, Coto Frío, S.L. solicitou a modificación da declaración de utilidade pública, do parque eólico Coto Frío, coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, para dar cumprimento ao establecido no artigo 44.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Cuarto. Pola Resolución do 12 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, recoñeceuse como non substancial unha modificación do parque eólico Coto Frío, situado nos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto Frío, S.L. (IN661A DXIEM-03/11).

Quinto. Con datas 28 de febreiro de 2023 e 24 de maio de 2023, tivo entrada nesta dirección xeral a actualización da documentación relativa á relación de bens e dereitos afectados resultantes para a configuración final do proxecto do parque eólico Coto Frío.

Sexto. Pola Resolución do 25 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, someteuse a información pública a solicitude de modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto do parque eólico Coto Frío, e da súa infraestrutura de evacuación, sito nos concellos de Dozón (Pontevedra) Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto Frío, S.L. (expediente IN661A DXIEM-03/11).

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia número 105, do 5 de xuño de 2023, e nos xornais La Voz de Galicia e La Región do 5 de xuño de 2023. Así mesmo, remitíuselle para a exposición ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Dozón, Piñor e O Irixo), e permaneceu exposto ao público nas dependencias da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación das xefaturas territoriais de Pontevedra e Ourense, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Asemade, a dita resolución estivo exposta no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas polo promotor.

Sétimo. O 12 de xuño de 2023, a Xefatura Territorial de Ourense emitiu informe indicando que o parque eólico Coto Frío está proxectado en terreos afectados polos seguintes dereitos mineiros:

• Permiso de investigación caducado Cusanca núm. 4886.

• Permiso de investigación caducado Laxedo núm. 4606.1.

Oitavo. O 22 de xuño de 2023, o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais informes dos servizos de Montes da Consellería do Medio Rural das provincias de Pontevedra e Ourense, con datas 16 de xuño de 2023 e 20 de xuño de 2023, respectivamente, en relación cos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico, indicando que o proxecto afecta:

• A CMVMC de Cardufe e Eirelo.

• A CMVMC de Sanguiñedo.

• A CMVMC da Costa.

Na mesma remisión o Servizo de Propiedade Forestal achegou o informe do 16 de xuño de 2023, do Servizo de Montes de Pontevedra, en que indica que consideran que o proxecto do parque eólico tamén deberá contar co informe da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Noveno. O 7 de xullo de 2023, a Dirección Xeral de Defensa do Monte emitiu informe favorable en relación co proxecto do parque eólico Coto Frío.

Décimo. O 10 de xullo de 2023, Coto Frío, S.L. achegou a documentación relativa aos acordos alcanzados coas comunidades de montes veciñais en man común de Sanguiñedo e de Lagorzos-Segade.

Décimo primeiro. O 11 de xullo de 2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en man común afectados (Cardufe e Eirelo e da Costa), de acordo cos informes dos servizos de Montes de Pontevedra e Ourense recollidos no antecedente de feito oitavo, concedéndolles un prazo de quince días para presentar as alegacións que estimasen oportunas. Durante o dito prazo, o 2 de agosto de 2023, a CMVMC de Cardufe e Eirelo contestou o devandito trámite de audiencia presentando unhas alegacións que foron trasladadas a promotora o 21 de agosto de 2023, contestando este o 31 de agosto de 2023. O resto das comunidades de montes veciñais en man común afectadas non presentaron alegacións.

Décimo segundo. O 1 de agosto de 2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Ourense un informe en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no que conclúe indicando: «que nas parcelas afectadas polas instalacións eléctricas proxectadas, salvo erro ou omisión involuntaria ou mellor criterio técnico, non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidumes a que se refire o artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica».

Décimo terceiro. O 23 de agosto de 2023, a Xefatura Territorial de Pontevedra emitiu informe en relación co parque eólico Coto Frío, indicando que «dentro da delimitación xeográfica das infraestruturas e instalacións do proxecto que nos ocupa non constan dereitos mineiros tramitados na provincia de Pontevedra. Polo anterior, non consta incidencia directa sobre dereitos mineiros vixentes tramitados na provincia de Pontevedra».

Décimo cuarto. O 27 de novembro de 2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu do Servizo de Propiedade Forestal informes favorables dos servizos de Montes das xefaturas territoriais de Ourense do 22 de novembro de 2023 e de Pontevedra do 24 de novembro de 2023, en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais do proxecto do parque eólico Coto Frío, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo por motivo da súa instalación, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque.

No informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense indícase que «segundo os datos que constan nas bases de datos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, o espazo territorial proxectado para a devandita infraestrutura afecta os seguintes montes veciñais: da Costa, Lagorzos-Segade e Segade».

O 4 de decembro de 2023, Coto Frío, S.L. achegou ante a dirección xeral o contrato de arrendamento entre os veciños de Segade e Coto Frío, S.L., e posteriormente, o 12 de decembro de 2023, Coto Frío, S.L. achegou os acordos asinados coa CMVMC de Segade.

A dita documentación foi remitida á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal para a emisión dun novo informe de compatibilidade dos aproveitamentos forestais do proxecto do parque eólico Coto Frío.

O 21 de decembro de 2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu do Servizo de Propiedade Forestal o informe favorable do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense, do 20 de decembro de 2023, en relación co artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais do proxecto do parque eólico Coto Frío, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo por motivo da súa instalación, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque.

Décimo quinto. Pola Resolución do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, recoñeceuse como non substancial unha modificación do parque eólico Coto Frío, situado nos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense) e promovido por Coto Frío, S.L. (IN661A DXIEM-03/11).

Décimo sexto. O 6 de setembro de 2024, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático recibiu da Sección de Enerxías Renovables do Departamento Territorial de Pontevedra o informe do 5 de setembro de 2024 en relación co artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, no que conclúe indicando: «a técnica que subscribe, á vista da dita documentación, e logo das comprobacións realizadas, informa que nas parcelas afectadas polas instalacións eléctricas proxectadas do concello de Dozón (Pontevedra), salvo erro ou omisión involuntaria ou mellor criterio técnico, non se observa ningunha das limitacións á constitución de servidumes a que se refire o artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica».

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de modificación da declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. No caso de alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, non se admiten, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 decembro, de avaliación ambiental, por presentárense fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.

No caso de escritos recibidos de oposición á declaración de impacto ambiental do 29 de setembro de 2016, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto.

2. No caso de alegacións relativas á titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento ...), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

Con respecto ás ofertas económicas realizadas pola promotora, ata a finalización do procedemento expropiatorio a promotora poderá chegar a acordos cos titulares afectados. No caso de non chegar a un acordo amigable, será o Xurado de Expropiación de Galicia o que estableza o prezo xusto dos bens afectados.

Cuarto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia coas CMVMC de Cardufe e Eirelo e da Costa, así como coa achega por parte de Coto Frío, S.L. dos acordos alcanzados coas CMVMC de Sanguiñedo, Segade e de Lagorzos-Segade, o 27 de novembro de 2023 e o 21 de decembro de 2023, o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais os informes dos servizos de Montes das xefaturas territoriais de Pontevedra do 24 de novembro de 2023 e de Ourense do 20 de decembro que, respectivamente, se transcriben a seguir:

«Así, atendendo a todo anteriormente exposto e en cumprimento do artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade do aproveitamento forestal do proxecto do parque eólico Coto Frío, salvo nas zonas de pleno dominio e a súas correspondentes faixas de xestión da biomasa, sempre que se cumpra a lexislación vixente e se teñan en conta os condicionantes citados».

«Polo exposto anteriormente e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade da infraestrutura parque eólico Coto Frío, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo por motivo da súa instalación, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque».

De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Coto Frío, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro) en relación coas parcelas recollidas no anexo I deste acordo.

Segundo. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados: Cardufe e Eirelo, A Costa, Sanguiñedo, Segade e Lagorzos-Segade.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Tal e como queda recollido nos informes do 24 de novembro de 2023 e do 20 de decembro de 2023, emitidos polos servizos de Montes das xefaturas territoriais de Pontevedra e Ourense, respectivamente, mencionados no antecedente de feito décimo cuarto, debe cumprise a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque durante toda a súa vida útil.

2. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Coto Frío (IN661A DXIEM-03/11) nos concellos de Dozón (Pontevedra), Piñor e O Irixo (Ourense)

Núm. parcela segundo proxecto

Titular catastral

Datos catastrais da parcela

Afeccións (m²)

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

Ocupación temporal

Referencia catastral

Concello

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Cimentación

Plataforma

Vía

Gabia

1

Janeiro Civeira José

36016A03001002

Dozón

030

01002

Revoltas

Matogueira

7,30

2,69

65,15

143,38

2

Lorenzo Rodríguez Manuel

36016A03000999

Dozón

030

00999

Revoltas

Matogueira

100,10

36,05

159,34

1.133,74

577,78

3

Rodríguez Raimunde María Florentina

36016A03000768

Dozón

030

00768

Revoltas

Matogueira

269,49

588,25

2,66

4

López Feijoo Francisco

36016A03000682

Dozón

030

00682

Valcavado

Matogueira

454,42

5

Fraga Pérez Rosa

36016A03000679

Dozón

030

00679

Valcavado

Matogueira

148,44

6

Fraga Fariña Modesto

36016A03001165

Dozón

030

01165

Pena Redonda

Matogueira

136,99

7

Fraga Pérez Isolina

36016A35401973

Dozón

354

01973

Costa

Labor ou labradío secaño

78,40

8

Civeira Fariña José

36016A35401975

Dozón

354

01975

Costa

Labor ou labradío secaño

1.242,69

9

Nóvoa Fariña Manuel

36016A35401977

Dozón

354

01977

Costa

Labor ou labradío secaño

15,95

420,93

5.789,40

360,17

10

Civeira Fariña José

36016A35401142

Dozón

354

01142

Rega Puza

Matogueira

364,46

11

Janeiro Civeira José

36016A35401144

Dozón

354

01144

Rega Puza

Matogueira

746,62

12

González Fariñas María

36016A35401146

Dozón

354

01146

Rega Puza

Matogueira

534,67

113,26

14

Cibeira Fariña Áurea

36016A35401114

Dozón

354

01114

Mámoa, A

Matogueira

64,10

133,94

72,36

2.512,46

15

Nóvoa Fariña Manuel

36016A35401150

Dozón

354

01150

Rega Puza

Matogueira

82,56

106,88

265,25

16

Janeiro Civeira José

36016A35401152

Dozón

354

01152

Rega Puza

Matogueira

56,51

56,80

102,40

17

Nóvoa Fariña Manuel

36016A35401317

Dozón

354

01317

Rega Fariña

Matogueira

0,62

112,29

228,32

97,53

18

Fraga Pérez Isolina

36016A35401932

Dozón

354

01932

Pulgan Trozo 5

Matogueira

45,04

19

Fraga Fariña Modesto

36016A35401915

Dozón

354

01915

Pulgan Trozo 3

Matogueira

564,70

20

Fraga Fariña Modesto

36016A35401933

Dozón

354

01933

Pulgan Trozo 5

Matogueira

209,59

22

Fraga Fariña Modesto

36016A03000817

Dozón

030

00817

Abados

Matogueira

1.139,41

23

Rivela Pereira José

36016A03000878

Dozón

030

00878

Llano Coto

Matogueira

290,60

24

Pérez Fernández Obdulia

36016A03060002

Dozón

030

60002

Chousa de Vales

Matogueira

6,50

490,10

25

Civeira Fariña José

36016A03000815

Dozón

030

00815

Abados

Matogueira

266,10

26

Fraga Pérez Isolina

36016A03000819

Dozón

030

00819

Abados

Matogueira

995,41

27

Fraga Fariña Modesto

36016A03000877

Dozón

030

00877

Llano Coto

Matogueira

207,07

28

Rodríguez Cibeira María

32062A07100025

Piñor

071

00025

Chousa Vales

Matogueira

10,74

1.358,33

29

González Fariñas José

32062A07100028

Piñor

071

00028

Chousa Vales

Matogueira

129,25

30

Cervela González Albino

32062A07100018

Piñor

071

00018

Chousa de Vales

Matogueira

328,84

1.232,86

2.179,23

460,27

31

Civeira Rodríguez María Luisa

32062A07100021

Piñor

071

00021

Chousa Vales

Matogueira

51,24

1.405,58

18,58

292,16

2.278,30

652,59

32

Ojea Rodríguez María del Carmen

32062A07100012

Piñor

071

00012

Chousa de Vales

Matogueira

1.734,73

34

García Mato Gumersindo

32036A00800041

O Irixo

008

00041

Val do Puzo

Matogueira

1,96

35

Hermida Covelo Julio

32036A00800046

O Irixo

008

00046

Val do Puzo

Matogueira

4,32

36

Hermida Covelo Julio

32036A00800059

O Irixo

008

00059

Val do Puzo

Matogueira

41,76

37

Dacosta Fernández Emilio

32036A00800007

O Irixo

008

00007

Val do Puzo

Matogueira

38,48

39

Fraga Pérez José

36016A35401159

Dozón

354

01159

Rega Puza

Matogueira

192,57

210,72

40

Blanco Fraga María Manuela

36016A35401154

Dozón

354

01154

Rega Puza

Matogueira

48,49

149,11

41

García Rodríguez Florentina

36016A03000775

Dozón

030

00775

Revoltas

Matogueira

39,00

30,18

154,23

42

Fraga Pérez Isolina

36016A03001055

Dozón

030

01055

Gorgullón

Piñeiral madeireiro

1.124,36

43

Nóvoa Fariña Manuel

36016A03001048

Dozón

030

01048

Gorgullón

Matogueira

326,06

44

Nóvoa Fariña Manuel

36016A03000995

Dozón

030

00995

Abados

Labor ou labradío secaño

692,53

45

Fraga Pérez Isolina

36016A03000978

Dozón

030

00978

Chousa Abados

Piñeiral madeireiro

42,21

46

Novoa Fariña Manuel

36016A35401884

Dozón

354

01884

Coto Fareiña

Matogueira

51,64

40,50

180,79

47

Lorenzo Civeira José María

36016A35401883

Dozón

354

01883

Coto Fareiña

Matogueira

52,81

45,01

202,51

48

Nóvoa Fariña Manuel

36016A35401879

Dozón

354

01879

Coto Fareiña

Matogueira

166,77

121,44

333,59

49

Civeira Fariña José

36016A35401944

Dozón

354

01944

Marco, O

Matogueira

27,50

6,14

50

Civeira Fariña José

36016A35401983

Dozón

354

01983

Costa

Labor ou labradío secaño

23,54

51

Civeira Fariña José

36016A35401943

Dozón

354

01943

Marco, O

Matogueira

69,77

52

Lorenzo Civeira José María

36016A35402097

Dozón

354

02097

Agüeiros

Matogueira

24,15

35,52

53

Nóvoa Fariña Manuel

36016A35401894

Dozón

354

01894

Coto Fariña

Matogueira

9,33

54

Lorenzo Civeira José María

36016A35401890

Dozón

354

01890

Coto Fariña

Matogueira

21,74

55

Nóvoa Fariña Manuel

36016A35401889

Dozón

354

01889

Coto Fariña

Matogueira

16,50

56

Nóvoa Fariña Manuel

36016A35401971

Dozón

354

01971

Mámoa, A

Matogueira

45,97

153,94

57

Nóvoa Fariña Manuel

36016A35401965

Dozón

354

01965

Mámoa, A

Matogueira

192,79

58

Nóvoa Fariña Manuel

36016A35402115

Dozón

354

02115

Brañas

Labor ou labradío secaño

78,88

59

Fraga Pérez Isolina

36016A35402084

Dozón

354

02084

Mámoa, A

Matogueira

65,96

108,97

60

Fraga Pérez José

36016A03001134

Dozón

030

01134

Castrillón

Matogueira

131,48

61

Blanco Fraga María Manuela

36016A03001131

Dozón

030

01131

Chousa de Vales

Matogueira

248,41

62

Reboredo Fariña Anunciación

36016A03001132

Dozón

030

01132

Castrillón

Matogueira

263,20

63

Fraga Pérez Isolina

36016A03001128

Dozón

030

01128

Castrillón

Matogueira

492,39

64

Civeira Fariña José

36016A03001129

Dozón

030

01129

Castrillón

Matogueira

117,53

65

Nóvoa Fariña Manuel

36016A03000697

Dozón

030

00697

Chousa Vella

Matogueira

356,69

255,32

66

Fraga Pérez David

36016A03000793

Dozón

030

00793

Revoltas

Matogueira

147,34

111,14

67

Fernández Crespo Florentina

36016A03000792

Dozón

030

00792

Revoltas

Matogueira

123,00

88,81

68

Lorenzo Rodríguez Josefa

36016A03000784

Dozón

030

00784

Moas

Matogueira

11,13

23,66

69

Fraga Pérez David

36016A03000782

Dozón

030

00782

Cruceiro

Matogueira

171,20

115,85

70

Fraga Pérez Elvira

36016A03000776

Dozón

030

00776

Revoltas

Matogueira

103,30

75,13

391,13

71

Fraga Pérez David

36016A03000772

Dozón

030

00772

Revoltas

Matogueira

324,76

208,47

72

Descoñecido

36016A02800295

Dozón

028

00295

Moas

Matogueira

33,27

25,23

73

Carbajal Fraga Amador

36016A03001015

Dozón

030

01015

Chousa Vella

Matogueira

41,70

74

Nóvoa Fariña Manuel

36016A25401018

Dozón

254

01018

Leira Nova

Labor ou labradío secaño

32,29

75

Nóvoa Fariña Manuel

36016A35402111

Dozón

354

02111

Brañas

Labor ou labradío secaño

28,07

76

Cervela González Albino

32062A07100009

Piñor

071

00009

Peón de Abaixo

Matogueira

840,18

154,15

77

Muñoz Bernárdez Camilo

32062A07000023

Piñor

070

00023

Peón de Arriba

Matogueira

16,32

167,58

78

Muñoz Bernárdez Adelina

32062A07000026

Piñor

070

00026

Peón de Arriba

Matogueira

13,62

55,01

79

Bernárdez Bernárdez Benjamín

32062A07100004

Piñor

071

00004

Peón de Abaixo

Matogueira

21,99

80

Civeira Rodríguez María Luisa

32062A07100022

Piñor

071

00022

Chousa Vales

Matogueira

221,36

733,54

81

Rodríguez Rodríguez Elita

32062A07100020

Piñor

071

00020

Peón de Abaixo

Matogueira

98,15

40,59

82

Cervela González Albino

32062A07100019

Piñor

071

00019

Chousa de Vales

Matogueira

0,30

114,49

83

Fernández Civeira Susana Sara

32062A07100014

Piñor

071

00014

Peón de Abaixo

Matogueira

118,46

51,57

84

Nogueira Ferradas Manuel

32036A00900001

O Irixo

009

00001

Porta Salgueiro

Matogueira

13,09

85

Dacosta Pérez Jesús

32036A01000257

O Irixo

010

00257

Coto

Matogueira

39,97

86

Descoñecido

32036A01000416

O Irixo

010

00416

Tras das Chousas

Piñeral madeireiro

64,51

87

Soto Pérez Esperanza

32036A01000436

O Irixo

010

00436

Tras das Chousas

Matogueira

12,29

88

Nogueira Ferradas Manuel

32036A01000438

O Irixo

010

00438

Tras das Chousas

Matogueira

15,61

89

Fraga Pérez Isolina

36016A35401901

Dozón

354

01901

Pulgan Trozo 1

Matogueira

12,33

90

Fraga Fariña Modesto

36016A35401903

Dozón

354

01903

Pulgan Trozo 2

Matogueira

37,73

91

Fernández Guerra Antonio

36016A02800290

Dozón

028

00290

Moas

Matogueira

161,45

92

Rodríguez Raimunde María Florentina

36016A02800291

Dozón

028

00291

Moas

Matogueira

207,18

93

Calviño Couso Socorro

36016A35460001

Dozón

354

60001

0

0

94,48

94

López Dobarro Pedro

36016A35401902

Dozón

354

01902

Pulgan Trozo 1

Matogueira

28,06

96

Reboredo González María Carmen

36016A35401028

Dozón

354

01028

Brañas

Matogueira

983,57

97

Lois Manuel

32062A07100080

Piñor

071

00080

Chousa Vales

Matogueira

2,80

98

Nogueira Ferradas Manuel

32062A07100073

Piñor

071

00073

Chousa Vales

Matogueira

99,21

99

Cibeiras de Castro Dozón

32062A07000003

Piñor

070

00003

Peón de Arriba

Matogueira

173,31

100

Nogueira Gallego María

32062A07000011

Piñor

070

00011

Trenza Chouso Ferrei

Matogueira

96,46

101

Cervela González Albino

32062A07000007

Piñor

070

00007

Peón de Arriba

Matogueira

164,76

102

Cibeira Cibeira José

32062A07100069

Piñor

071

00069

Chousa de Vales

Matogueira

72,05

103

Cibeira Cibeira José

32062A07100055

Piñor

071

00055

Peón de Abaixo

Matogueira

15,80

104

López Beltrán Esperanza

32062A07100033

Piñor

071

00033

Chousa Vales

Matogueira

4,63

105

Fernández Lorenzo José Luis

32062A07000018

Piñor

070

00018

Peón de Arriba

Matogueira

218,14

106

Cervela González Albino

32062A07000021

Piñor

070

00021

Peón de Arriba

Matogueira

244,20

107

Guerra Castro Rosa

32062A07000001

Piñor

070

00001

Peón de Arriba

Matogueira

22,05

108

Descoñecido

32062A07100039

Piñor

071

00039

Chouso de Vales

Matogueira

41,41

109

González Fariñas María

32062A07100036

Piñor

071

00036

Chouso de Vales

Matogueira

123,87

110

Reboredo González Camilo

32062A07100037

Piñor

071

00037

Chouso de Vales

Matogueira

3,98

Afeccións parque eólico en metros cadrados (m2):

• Superficie de pleno dominio:

– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.

– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.

• Servidume de paso:

– Vías: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.

– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.

• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Serv. voo).

• Outras afeccións:

– Ocupación temporal (O. Temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como provisión de materiais, montaxe de guindastres, provisión de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.