DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 28 de xullo de 2025 Páx. 41765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de xullo de 2025 pola que se notifica o requirimento do 24 de xuño de 2025, de retirada de vehículo con matrícula 2164FWH, abandonado no dominio público portuario do porto de Ribeira (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por razóns de interese público que o aconsellan, faise público, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o seguinte requirimento emitido pola Dirección de Portos de Galicia o 24 de xuño de 2025, que foi rexeitado pola mercantil Peixes e Mariscos Recho, S.L. no sistema notifica.gal.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Segundo se informa desde as oficinas do porto de Ribeira, hai dous camións trailer que levan anos estacionados en estado de abandono fronte ás oficinas portuarias.

Entre eses vehículos identifícase un vehículo marca Iveco, con placas de matrícula 2164-FWH, e número de bastidor WJMM1VUH40C193535, do que é titular a mercantil Peixes e Mariscos Recho, S.L.

Considerando o exposto, e tendo en conta que na zona onde está o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de tráfico de cara ao tratamento residual do vehículo, segundo dispón o artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 106 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese o titular para que, nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, retire o vehículo da zona de servizo do porto de Ribeira.

No caso de se incumprir este requirimento, Portos de Galicia, sen mais trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo e, en consecuencia, trasladarao a un centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación, pasándolle os custos que, de ser o caso, se ocasionen.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia