De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por razóns de interese público que o aconsellan, faise público mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado o seguinte requirimento emitido pola Dirección de Portos de Galicia o 24 de xuño de 2025, que foi rexeitado pola mercantil Peixes e Mariscos Recho, S.L. no sistema Notifica.gal
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Segundo se informa desde as oficinas do porto de Ribeira, hai dous camións trailer que levan anos estacionados en estado de abandono fronte ás oficinas portuarias.
Entre eses vehículos identifícase un vehículo marca Scania, con placas de matrícula 9496-FVM e número de bastidor vlur4x20009123056, do que é titular a mercantil Peixes e Mariscos Recho, S.L.
Considerando o exposto, e tendo en conta que na zona onde está o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de tráfico de cara ao tratamento residual do vehículo, segundo dispón o artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 106 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria, requírese o titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, retire o vehículo da zona de servizo do porto de Ribeira.
No caso de se incumprir o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo o tratamento de residuo e, en consecuencia, trasladarao a un centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación, pasándolle os custos que, de ser o caso, se ocasionen.
O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025
Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia
