DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 28 de xullo de 2025 Páx. 41673

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

EXTRACTO da Resolución do 9 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca a décimo sexta edición (código de procedemento MR709A).

BDNS (Identif.): 847959.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da resolución pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca a décimo sexta edición, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/847959

Primeiro. Obxecto

Fomentar actuacións que animen a participación privada no proceso de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios a iniciativas de desenvolvemento rural.

Segundo. Persoas beneficiarias

Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 9 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca a décimo sexta edición (código de procedemento MR709A).

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 78.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Sexto. Outros datos

Este procedemento tramítase en réxime de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural