DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 28 de xullo de 2025 Páx. 41712

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 14 de xullo de 2025 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) nas empresas galegas para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300F).

BDNS (Identif.): 847769.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/847769

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/847753 (minimis agrícola).

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/847746 (minimis pesca).

Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.

Primeiro. Persoas beneficiarias

As empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos individuais nos cales unha empresa aborda medidas de impacto nos factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza), especificamente deseñadas ou desenvolvidas para o seu ámbito de actividade, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e a implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, para acadar reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía, e diminucións na xeración de subprodutos ou refugallos, coa tendencia de converter os refugallos en recursos de uso noutros procesos produtivos, e tamén aquelas actuacións dirixidas a desenvolver a responsabilidade social empresarial e avanzar nos mellores modelos de gobernanza nas organizacións.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 14 de xullo de 2025 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) nas empresas galegas para o ano 2025, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300F).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 e polos seguintes importes e distribución plurianual: 500.000 € no ano 2025 e 500.000 € no ano 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a un mes, comezará a computarse transcorridos cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e rematará o 30 de setembro de 2025, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica