DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 30 de xullo de 2025 Páx. 41970

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 3978/2025, en relación co artigo 15.seis do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, por posible vulneración dos artigos 14, 139.2 e 157.2 CE e 9.c) da Lei orgánica de financiamento das comunidades autónomas.

O Pleno do Tribunal Constitucional, pola providencia do 22 de xullo de 2025, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 3978/2025, exposta pola Sección 4ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario núm. 15581-2024, en relación co artigo 15.seis do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Real decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo, por posible vulneración dos artigos 14, 139.2 e 157.2 CE e 9.c) da LOFCA e, de conformidade co disposto no artigo 10.1.c) da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, reservar para si o coñecemento desta cuestión.

De conformidade co establecido no artigo 37.2 da LOTC, quen sexa parte no procedemento ordinario núm. 15581/2024, poderá comparecer ante este tribunal dentro dos quince días seguintes ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, 22 de xullo de 2025

Alfonso Pérez Camino
Secretario de xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional