DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 31 de xullo de 2025 Páx. 42118

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT207C).

BDNS (Identif.): 848272.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/848272

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas (autónomas) e as persoas xurídicas privadas que, desenvolvendo a súa actividade habitual en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, teñan a consideración de xestoras dunha sala de exhibición cinematográfica independente situada na Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Segundo. Finalidade

Estas axudas teñen como finalidade contribuír á permanencia e consolidación dos espazos cinematográficos como lugares de exhibición do audiovisual, recoñecendo a súa importancia como espazos culturais representativos, socializadores e integradores, particularmente ás salas situadas en poboacións de carácter rural.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial situadas en Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT207C).

Cuarto. Importe

O crédito destinado ao financiamento destas axudas é de 465.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.A1.432B.770 do orzamento do ano 2025 da Axencia Galega das Industrias Culturais, no código de proxecto 2025 00002 distribuído en dúas anualidades:

Anualidade 2025: 232.500 euros.

Anualidade 2026: 232.500 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase transcorridos 10 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará transcorrido un mes desde a súa apertura. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal ao día da apertura do prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025

José López Campos
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais