Mediante a Resolución do 13 de xaneiro de 2025 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da intelixencia artificial en Galicia, e pola que se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro).
No punto terceiro da resolución prevíase unha dotación orzamentaria para concesións de 5.500.000 € na partida 09.A1.561A.7700 para a liña de axuda A. Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados en intelixencia artificial, coa seguinte distribución: 4.950.000 € para o ano 2025 e 550.000 € para o ano 2026.
O prazo de solicitudes pechou o 30.4.2025 cun total de 117 solicitudes, foron atendidos un total de 39 proxectos pola totalidade do orzamento dispoñible para a dita liña A e quedou sen posibilidade de concesión aproximadamente o 67 % das solicitudes presentadas. Isto evidencia que o crédito inicial para a liña de desenvolvemento tecnolóxico é insuficiente para poder atender de xeito satisfactorio as necesidades e expectativas dos beneficiarios que optan á subvención.
Estas axudas cofináncianse ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia, do cal aínda queda crédito dispoñible e susceptible de ser empregado en iniciativas enmarcadas no programa RETECH, proxecto Cadea de valor en intelixencia artificial. Neste sentido, a Comisión Europea, mediante Comunicación do 4 de xuño de 2025, no seu número 3.2 anima os Estados a utilizar os fondos restantes para a ampliación das medidas existentes sempre que a súa aplicación vaia ben, sobre a base dunha demanda probada e probable.
A convocatoria establece que a persoa titular da Dirección Xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade, nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.
Por todo o anterior, de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Primeiro. Amplíase en 5.347.589,33 € o crédito dispoñible para a liña A. Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados en intelixencia artificial para os anos 2025 e 2026, previsto no punto terceiro da Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras IA360 de axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da intelixencia artificial, e se convocan para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro).
Polo tanto, o crédito dispoñible queda establecido do seguinte xeito:
|
Convocatoria IA360 |
||||
|
Partida orzamentaria |
Liñas de axuda |
Ano 2025 |
Ano 2026 |
Total |
|
09.A1.561A.7700 |
A. Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados en intelixencia artificial. |
8.678.071,47 € |
2.169.517,87 € |
10.847.589,34 € |
|
B. Proxectos de implantación e aplicación de servizos e/ou solucións comerciais baseadas en intelixencia artificial para mellorar a competitividade das empresas de Galicia, e proxectos no marco da xestión estratéxica do dato para acelerar a adopción de solucións baseadas en intelixencia artificial. |
2.800.000,00 € |
700.000,00 € |
3.500.000,00 € |
|
|
C. Proxectos de formación en intelixencia artificial en empresas de Galicia, para mellorar a súa capacitación, competitividade e integración da intelixencia artificial nas súas cadeas de valor. |
1.023.333,60 € |
255.833,40 € |
1.279.167,00 € |
|
|
Total |
12.501.405,07 € |
3.125.351,27 € |
15.626.756,34 € |
|
Segundo. Esta ampliación de crédito non supón a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.
Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025
Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
