DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 31 de xullo de 2025 Páx. 42128

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 23 de xullo de 2025 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na Resolución do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras IA360 de axudas para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación mediante o uso da intelixencia artificial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408M).

BDNS (Identif.): 808274.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/808274

Primeiro. Modificación do importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.561.A.7700 por un importe de 15.626.756,34 € e coa seguinte distribución plurianual:

Liña A: 8.678.071,47 € no ano 2025 e 2.169.517,87 € no ano 2026.

Liña B: 2.800.000,00 € no ano 2025 e 700.000,00 € no ano 2026.

Liña C: 1.023.333,60 € no ano 2025 e 255.833,40 € no ano 2026.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica