DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 1 de agosto de 2025 Páx. 42243

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2025 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova) para o ano 2025 (código de procedemento IG408L).

Mediante a Resolución do 13 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro), publicáronse as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova) e para proceder á súa convocatoria para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408L).

As ditas bases establecen no seu artigo 16.4 que o anuncio da publicación do texto completo da resolución definitiva na web do Igape será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva de data do 30 de xullo de 2025 de concesión das axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova) no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas y https://spiga-sed.igape.es

O texto completo non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de 10 días naturais para que as persoas interesadas accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo https://spiga-sede.igape.es/publicaciones, utilizando o seu NIF, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez días naturais desde a súa posta a disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica