DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 4 de agosto de 2025 Páx. 42404

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se publica a Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 18 de marzo de 2025.

A Orde do 18 de marzo de 2025 establece as bases para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PL400B) (DOG núm. 70, do 10 de abril).

O órgano instrutor, logo da baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 17, elevou ao órgano competente para resolver, a persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, que en virtude da competencia delegada na disposición adicional primeira da convocatoria, emite a correspondente resolución.

Así mesmo, o artigo 17.2 establece que a resolución definitiva será notificada e as persoas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de 10 días naturais computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 18 de xullo de 2025, ditada no procedemento PL400A, relativa á concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 18 de marzo de 2025, que figura como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 18 de xullo de 2025, pola que se conceden subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, de acordo co establecido na Orde do 18 de marzo de 2025, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025

Valentín García Gómez
Secretario xeral da Lingua

ANEXO

Resolución do 18 de xullo de 2025, de concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios ao abeiro da Orde do 18 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PL400B)

Mediante a Orde do 18 de marzo de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 10 de abril) establecéronse as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2025.

Aquelas solicitudes que cumpriron cos requisitos desta convocatoria foron analizadas pola Comisión de Valoración prevista no artigo 15, segundo os criterios de avaliación establecidos no artigo 16 desta orde.

O órgano instrutor previsto no artigo 14, logo da baremación e á vista do informe coa relación dos solicitantes e a súa puntuación realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución, conforme o regulado no artigo 17.

Vista a proposta de resolución do órgano instrutor, o secretario xeral da Lingua resolve por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, segundo o establecido na disposición adicional primeira da orde.

O financiamento destas subvencións, previsto no artigo 2, farase con cargo á partida orzamentaria 13.02.151A.470.1, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, por unha contía inicial máxima de 200.000 €.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. A concesión de axudas, na contía que se indica, ás entidades relacionadas no anexo I, para os proxectos que se citan.

Estas axudas teñen carácter de minimis, de acordo co establecido no Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro, serie L).

Segundo. Desestimar as solicitudes que figuran no anexo II, con indicación do artigo da Orde do 18 de marzo de 2025 que ampara a dita exclusión.

Terceiro. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No entanto, no caso de recorrer potestativamente en reposición, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Cuarto. Notificada a resolución, as persoas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de 10 días naturais computado a partir do día seguinte ao da publicación para a súa aceptación; transcorrido este sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Disposición adicional primeira da Orde do 18.3.2525), Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua

ANEXO I

Número de expediente

Solicitante

Título

Importe

2025/0001

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 1. Pardal.

9.105,62 €

2025/0002

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 2. Pardal.

10.101,53 €

2025/0003

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 3. Pardal

6.383,56 €

2025/0004

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 4. Pardal

7.135,01 €

2025/0005

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 5. Pardal

9.908,36 €

2025/0006

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 6. Pardal

9.382,39 €

2025/0007

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua e Literatura. 1 ESO

17.165,14 €

2025/0008

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua e Literatura. 2 ESO

17.786,72 €

2025/0009

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua e Literatura. 3 ESO

17.882,34 €

2025/0010

Edicións Obradoiro, S.L.

Bioloxía e Xeoloxía. 1 ESO

15.013,50 €

2025/0011

Edicións Obradoiro, S.L.

Bioloxía e Xeoloxía. 3 ESO

15.109,15 €

2025/0012

Edicións Obradoiro, S.L.

Xeografía e Historia. 1 ESO

15.109,15 €

2025/0013

Edicións Obradoiro, S.L.

Xeografía e Historia. 2 ESO

15.969,78 €

2025/0014

Edicións Obradoiro, S.L.

Tres en Raia. 1 EP

16.639,18 €

2025/0015

Edicións Obradoiro, S.L.

Tres en Raia. 2 EP

17.308,57 €

Total

200.000,00 €

ANEXO II

Número de expediente

Solicitante

Título

Motivo de denegación

2025/0016

Edebé Educación, S.L.

Plástica Visual e Audiovisual I. 1 ESO

Artigo 5.2. Primeiro parágrafo

2025/0017

Edebé Educación, S.L.

Plástica Visual e Audiovisual II. 3 ESO

Artigo 5.2. Primeiro parágrafo

2025/0018

Edebé Educación, S.L.

Expresión Artística. 4 ESO

Artigo 5.2. Primeiro parágrafo

2025/0019

Edebé Educación, S.L.

Economía e Emprendemento. 4 ESO

Artigo 5.2. Primeiro parágrafo

2025/0020

Edebé Educación, S.L.

Filosofía. 4 ESO

Artigo 5.2. Primeiro parágrafo

2025/0021

Edebé Educación, S.L.

Tecnoloxía. 4 ESO

Segundo o artigo 7 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, e o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, na Comunidade Autónoma de Galicia deberá impartirse en castelán.

2025/0022

Edebé Educación, S.L.

Tecnoloxía e Dixitalización I. 1 ESO

Segundo o artigo 7 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, e o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, na Comunidade Autónoma de Galicia deberá impartirse en castelán.

2025/0023

Edebé Educación, S.L.

Tecnoloxía e Dixitalización II. 3 ESO

Segundo o artigo 7 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, e o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, na Comunidade Autónoma de Galicia deberá impartirse en castelán.

2025/0024

Undodez Producións, S.L.

A banda do Bosque: Cantando ao ritmo da natureza

Non se trata dun recurso didáctico curricular ou complementario, que abarque o conxunto do contido do currículo establecido para o 2º ciclo de educación infantil no Decreto 150/2022, do 8 de setembro.