DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 6 de agosto de 2025 Páx. 42800

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de xullo de 2025, polo que se aproba definitivamente o proxecto de construción da ponte elevada sobre a N-525, punto quilométrico 295+000, intersección co Camiño do Sueste-Vía da Prata-Camiño Mozárabe, punto quilométrico 50+724, Bendoiro-Lalín (Pontevedra), de clave 2025/057.

Antecedentes.

Con data do 22 de abril de 2025, publícase no Diario Oficial de Galicia número 76 o Anuncio do 26 de marzo de 2025 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da ponte elevada sobre a N-525, punto quilométrico 295+000, intersección co Camiño do Sueste-Vía da Prata-Camiño Mozárabe, punto quilométrico 50+724, Bendoiro-Lalín (Pontevedra), así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido (clave 2025/057)

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de xullo de 2025, polo que se aproba definitivamente o proxecto de construción da ponte elevada sobre a N-525, punto quilométrico 295+000, intersección co Camiño do Sueste-Vía da Prata-Camiño Mozárabe, punto quilométrico 50+724, Bendoiro-Lalín (Pontevedra), de clave 2025/057, que se recolle como anexo a esta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderá formularse un recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que con carácter previo e potestativo poida formularen un recurso de reposición no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 21 de xullo de 2025, polo que se aproba definitivamente o proxecto de construción da ponte elevada sobre a N-525, punto quilométrico 295+000, intersección co Camiño do Sueste-Vía da Prata-Camiño Mozárabe, punto quilométrico 50+724, Bendoiro-Lalín (Pontevedra), de clave 2025/057

Aprobar definitivamente o proxecto de construción da ponte elevada sobre a N-525, punto quilométrico 295+000, intersección co Camiño do Sueste-Vía da Prata-Camiño Mozárabe, punto quilométrico 50+724, Bendoiro-Lalín (Pontevedra), de clave 2025/057, sen modificacións respecto ao trazado sometido a información pública.

Consonte establece o artigo 24 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, o Concello de Lalín, no cal se asentan as infraestruturas obxecto do proxecto, deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no cal se establecen as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo dun ano e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

A aprobación definitiva do proxecto de trazado implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a implantación do proxecto e as modificacións deste que, de ser o caso, puidesen aprobarse posteriormente, e a urxencia da ocupación. Todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 23.1 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.