DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 6 de agosto de 2025 Páx. 42799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 22 de xullo de 2025 polo que se notifica o traslado de acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística OU-0053-2024 (OUR/87/2023).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 17 de decembro de 2025, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en solo rústico (expediente OU-0053-2024).

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo á persoa interesada con documento nacional de identidade número 53199617L, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A persoa interesada disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística