Expediente: IN408A 2024/003-1.
Solicitante/promotora: Parque Eólico de Malpica, S.A.
Denominación: Proxecto de execución de sistema de almacenamento BESS, hibridación PE Malpica repotenciado.
Termo municipal: Malpica de Bergantiños.
1. Características técnicas:
Sistema de almacenamento de enerxía eléctrica baseado en baterías de 15,5 MW/h (2 h) de capacidade e 7,75 MW de potencia, conectado á SET PE Malpica repotenciado (IN661A 2014/1), coas seguintes características:
– Sistema de baterías tipo LFP integradas en 3 contedores tipo marítimo de 40 pés, que se configuran en 2 unidades de almacenamento compostas por:
• Unidade de almacenamento 1: 1 contedor (BESS 1).
• Unidade de almacenamento 2: 2 contedores (BESS 2 e 3).
• Características de cada contedor: 5.184 kWh de capacidade, 2.592 kW de potencia e refrixeración por aire forzado.
– Estacións de potencia (EP/Skid) compostas por:
• EP/Skid 1: 1 sistema de conversión de enerxía (PCS) e estación transformadora de elevación de 3.500 kVA (0,578/20 kV) con refrixeración ONAN, que dará servizo á unidade de almacenamento 1.
• EP/Skid 2: 1 sistema de conversión de enerxía (PCS) e estación transformadora de elevación de 6.500 kVA (0,578/20 kV) con refrixeración ONAN, que dará servizo á unidade de almacenamento 2.
– Sistema de SS.AA., que dará servizo ao sistema de baterías e ás EP. O transformador dos SS.AA. será o proxectado de 200 kVA na SET PE Malpica (a substitución deste trafo polo existente é obxecto doutro expediente).
– Liñas de evacuación/captación en baixa tensión:
• LBTS a 578 V, condutor tipo H1Z2Z2-K de 2×(9×1×240 mm2) con orixe nas unidades de almacenamento e remate nas EP.
– Liñas de evacuación/captación en media tensión:
• LMTS a 20 kV, de 25 m, condutor tipo Al XLPE 12/20 kV 3×(1×400) mm2, con orixe na EP 1 proxectada e remate no Skid 2 proxectado.
• LMTS a 20 kV, de 25 m, condutor tipo Al XLPE 12/20 kV 3×(1×400) mm2, con orixe no EP 2 proxectado e remate na cela de entrada de liña proxectada na SET PE Malpica (o conxunto de novas celas proxectadas nesta SET é obxecto doutro expediente).
– Sistema de xestión da enerxía (EMS). Este sistema será o encargado de limitar a potencia máxima de carga/descarga das baterías.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE número 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE número 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE número 310, do 27 de decembro).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña) entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
O anterior faise público para coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 29 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
