DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 8 de agosto de 2025 Páx. 43308

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira.

Pola Resolución do 28 de abril de 2025 (DOG núm. 83, do 2 de maio) convocouse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira.

A Comisión de Valoración, que non recibiu alegacións á valoración provisional dos méritos, na súa reunión do día 31 de xullo de 2025 acordou elevar á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a proposta definitiva de resolución do concurso.

Debido a que existen postos adxudicados que están ocupados provisionalmente por persoal funcionario que superou os últimos procesos selectivos convocados, para asegurar a continuidade na prestación de servizos, cómpre diferir os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata a data en que estes funcionarios elixan destino definitivo e poidan tomar posesión del.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e de conformidade co previsto na base IX.5 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar e facer públicas as adxudicacións dos postos de traballo ás persoas que se relacionan no anexo I. Esta información está ao dispor das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe <concurso de traslados>.

Segundo. Diferir os prazos posesorios derivados da resolución do concurso ata que se publique no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

Terceiro. De acordo co disposto na base X da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que se poderá optar entre os dous postos adxudicados.

Neste caso, as persoas funcionarias adxudicatarias están obrigadas a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no prazo dos tres días seguintes ao da publicación no DOG da resolución pola que se abran os prazos posesorios.

Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta mesma dirección xeral, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Adxudicación de postos

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Subgrupo

Puntos

48

PE.C99.40.301.36560.007

Profesor/a-especialidade formación e orientación laboral

PE

Vigo

24

Rosende

Fernández

Ángel Manuel

***3156**

A1

28.030

64

PE.C99.40.301.36560.041

Profesor/a-especialidade formación e orientación laboral

PE

Vigo

24

Suárez

Redondo

Pilar

***1348**

A1

23.710

Os códigos de postos de traballo que figuran na relación de prazas adxudicadas correspóndense cos ofertados na resolución de convocatoria de concurso.

Relación de consellerías

Código

Consellería

PE

Mar