IV. Oposicións e concursos
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de xullo de 2025 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesorado de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesorado de ensino secundario, ao corpo de profesorado de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional, e o procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesorado de ensino secundario, profesorado de escolas oficiais de idiomas, profesorado especialista en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 31 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 32, do 14 de febreiro).
Advertido un erro na orde que se cita, publicada no Diario Oficial de Galicia número 143, do 29 de xullo de 2025, é necesario facer a seguinte corrección:
Na páxina 41901, no punto segundo do «DISPÓN», onde di: «...Manuel María Veiga Lombardía, DNI ***5030**, especialidade Deseño Gráfico,...», debe dicir: «...Manuel María Veiga Lombardía, DNI ***5030**, especialidade Fundamentos de Composición,...».